O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, abril 08, 2010

"MAGHUA" , "ZËNZAR" E O "MILENIUM-33 DO PORRIÑO" ESTRELAS ABSOLUTAS DA AXENDA PARALELA DA LNB!!


Xa se viña conmentando para ista noite no Burgo Zenzar confirman por tolo o alto a nova: Zënzar cantan a Toño Randeeria e estrearán o tema que formará parte do República Billarda no Foro Celticum iste xoves e o Venres en Corcubión_ aquí tendes a nota oficial para medios enviada polo grupo:

Esta semán Zënzar sigue a súa xira no circuito de salas "ao Vivo" e estará actuando xoves e venres.

-Xoves: 22.30 Forum Celticum, O Burgo, A Coruña (RGMV)

-Venres: 22.30 La Sirena, Corcubión
Nos dous concertos contarán con 5 colaboracións na recta Final do concerto....gaita e percusións para un remate festeiro Soarán pezas de toda a vida e sobre todo do último disco "A Tribu"
MAGHUA NOS SERÁNS DA NASA:
Xa os puidéstedes ver no pasado alalá da Galega zoupándolle ás pandeiretas e ás billarda , pois hoxe xoves Xoxes nos Seráns da Nada apartires das 21 h . estarán en Compostala armando festa e moi posibelmente coma Zënzar estreen en exclusiva mundial a súa peza de apoio á revolución billardeira que pasará formar parte tamén disa perigosa e amiazante República Billarda!!

Se estás na Nasa, no Burgo ou Corcubión faino notar cando Zenzar ou Maghua interpreten o seu estalo billardeiro , unha boa forma de facelo é arrebolarse dende o escenario.
ELVIS, O REI DA PINCHA, INAUGURA ISTE VENRES O MILENIUM-33 EN PORRIÑO!!

Pero iste non é o único estreo paralelo ó universo LNB xa que iste mesmo venres e despois da palestra billardeira no C.S Almuinha tira cara o Porriño porque abre as portas a Cafeteiría Milenium-33 rexentada polo gurú da pincha Elvis , ademáis do café e copas poderás degustar exquisitos doces portugueses. Do seu propio puño e letra>> Lamento non ter podido asistir aos últimos 2 abertos pero debeuse a que estiven traballando arreo para poder inagurar o “Milenium 33″ (unha cafeteria situada na zona peonil do Porriño) este Venres a partires das 20:00 e a que estades todos convidados. Os palanador@s que non poidades asistir que saibades que estaredes convidados calquera outro día que pasedes por alí.Saudos a todos, en especial para a xente de Almuinha, tentarei pasar polo aberto de Marin.