O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, abril 05, 2010

ALERTA MÁXIMA ANTE UN POSÍBEL NOVO "CASO MANU" NOS VINDEIROS ABERTOS DA LNB!!


Dende as fondas cunetas da Conf. Sur chégannos istas extremecedoras imaxes alarmando á populación galega en xeral e ós palanadores e palanadoras da LNB para que nunca máis se volte a repetir iso que xa se coñece coma o aterrador Caso Manu da Faisca. É un paxaro? un xinete na tormenta que leva o seu propio cabalo ás costas? un peregrino mutado en lobis-home que busca intensamente a resposta nun Varado en Salvaterra? pois para que naide teña que sufir o que sufríu Manu, a día de hoxe aínda vagando desconcertado por terras da lusitania , procedemos a sinalizar as saídas e chegadas da tribo LNB:
-Lugo: domingo 11 de abril ás 16 h>> Aberto do Levantamento 1846
[ Barrio da Ponte - pista da asociación de veciñ@s de San Lázaro]
Expedición que parte da mariña: a serpe de carros partirá ás 14 h dende o Restaurante O Asador de Barreiros / 619.570976
-Xerro do Salnés : 25 de abril [ Xil - Meaño- ]
A LNB prepara a viaxe nunha guagua que partirá dende Ribadeo cara Xil donde se realizará a tradicional xeira de Furanchos + xantar de irmandade + Aberto do Xerro. Hai posibilidade que ademáis de transportar ós palanadores do Norleste a Guagua faiga parada no Restaurante O Cruceiro do Pino para subir tripulación da Conf. Centro máis outra parada na estación de Buses de Compostela para subir os palanador@s que así o soliciten. A viaxe será de ida e volta , polo que rogamos que os que queiran subirse a guagua soliciten iste servizo o máis rápido posíbel para poder mirar a guagua axeitada. Tamén rogamos que a xente se dirixa ós seus Coordiandores de Conferencia para mirar de establecer o numero de comensáis no xantar de irmandade... partíu!! / ovaral@hotmail.com / 619.570976