O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, março 05, 2010

RACHA AS CADEAS E ACHÉGATE Ó BILLARDA ALL STARS_2010!!


twitter-conexións en directo ás 14:30 h e 19 h vía >> www.latri.ca/ovaral

Pista do Marquiño ( ó carón da estrada xusto na explanada fronte ó Restaurante O Cruceiro ) no Concello do Pino. [ Conf. Centro ]

Saídas:

-O NorLeste ten programado para as 9 h da mañán do domindo a quedada de coches no aparcamento do Restaurante Asador ( barreiros)

- Na Conf. Sur , coa espectacular Palestra LNB confirmada xa para o vindeiro venres 13-M no Faisca de Vigo, os diferentes frontes billardeiros que se acheguen ó Pino farano de xeito autónomo e por contagotas coma é norma nista conferencia ate formar isa gran e temida treboada billardeira na que se converte o Sur en cada un dos seus desprazamentos

- O Noroeste: tamén estará representado no Pino con diferentes delegacións ademáis é moi posíbel que os Xarutos veñan armados con pandeiretas para invocar ó espírito Maghúa niste All Stars e realizar unha explosiva gravación do tema de apoio á LNB ao vivo na propia pista do Pino, tamén será o sitio e o lugar donde de apresente a gran fichaxe de inverno xa que Sak o palanador-oh lugués ate agora nómade entre conferencias, é xa oficialmente xogador dos míticos Filloas de Sangue niste último e decisivo treito de tempada na Conf. Noroeste.

Programa:

12 h>>Concurso de Varados e Habilidades ( vendecer@ rabo da porca)

13 h>>Concurso de Mates ( vencedor@ as uñas da porca )

14:30>> Xantar de irmandade no restaurante o Cruceiro ( sobre 12 euros)

16:30>> Aberto do All Stars ( vendedor@ a cachuca da Porca do All Stars)


Como sabedes A LNB prepara o referencial disco de apoio a ista revolución deportivo-social con temas exclusivos de temática billardeira dos mellores grupos galegos, temas que soaran nas respectivas sesións a pé de pista da mañán e tarde do LNB SOUND SYSTEM, é por elo que no previo do Aberto do All Stars realizarase a primeira QUINIBILLARDA Nacional con un premio sorpresa para os acertantes xa que a recadación pasará ó caixa de apoio para edición do CD da LNB. Que naide se quede na casa, achégate e párticipa!!