O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, março 02, 2010

O POVO BENGALÍ ÚNESE Á GRAN FESTA DO BILLARDA ALL STARS COS SEUS DANGULIS ANTI-COLONIAIS!!


Sen palabras , o terríbel terremoto que supón unha nova edición do Billarda All Stars fai revolver a terra e nun dises movimentos o compañeiro Carlos Calvo da Sección Bilhardeira do Foucelhas rescatou e envíanos un histórico documento guindado fa pouco máis dun ano no referencial Portal Galego da Lingua no que se amosa nun espectacular artigo do compañeiro José Paz Rodríguez que a billarda é o deporte nacional tamén na India. Sumérxete con urxencia niste impactante documento e descobre como a povo bengalí ó igual ca o galego non se deixa asoballar e ármase co «danguli» ou «tirguli» para resitirse á brutal colonozación británica do Criquet e demáis desportos e estilos de vida europeos . Atención porque Carlos Calvo sairá da súa trincheira bengalí de Ordes e estará no Pino para compatir unha espectacular xornada galaico-indú e xa nos anunciou que tentarase por en contacto co autor diste espectacular artigo para que sexa un dos convidados especiais na circuito de Palestras que a LNB prepara cara ó futuro , polo momento xa sabemos que na explosiva sesión do LNB Sound System os sitares soarán ó carón das zanfonas nunha sesión que lle faría botarse á xente ate ó mesmísimo Mahatma Gandhi....e atención porque no Pino realizarase a primeira Quinibillarda de ámbito Nacional polo que xa todo listo para a explosiva montaxe da réplica galaica do Slumdog Millionaire, vente ó Pino e convertete en multimillonario!!