O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, dezembro 02, 2009

CHEGAN OS TORNEOS DO NADAL.....E A LNB SÚMASE Á CHAMADA Ó CONSUMO RESPONSÁBEL: SUPERMERCADOS NON GRAZAS!!


Co nadal irremediabelmente botándose enriba de nós a LNB ten que facer un chamanto masivo a toda a tribo polo consumo responsábel , é por elo que tomamos como referencia total e absoluta ós irmáns de Catalunya supermercatsnogracies , unha filosofía de acción e consumo que compatimos totalmente e que en cada Aberto con premio consumíbel levamos a raxa táboa rexeitando as grandes áreas comerciais e mercando o producto en tendas de seu ou directamente ó productor. E atención porque a LNB estuda nun futuro por o seu gran de area en accións en Catalunya en campañas de SNG ou na galiza cos irmáns de Zocaramiñoca , Semente , A Xoaninha ....Non temos medo, temos fame!!