O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, dezembro 01, 2009

3 VARAD@S NA EXPLOSIVA RAVE BILLARDEIRA DO "LNB SOM SYTEMA" EN SALCEDA!!


Salceda confirmou o que xa todos sabiamos, a espectacularidade máxima da competición feminina coa que tradicionalmente arrincan os Play Off Nacionais e que iste ano se está a converter xa nun dos intres máis agardados, Ana , Pauliña e Lorena con un varado cada unha en Salceda amosan as súas credenciais para asaltar o tan desexado título nacional feminino en poder da gran palandora Geni dos Outros. Un campión no Aberto de Salceda sen guedellas, polémica nun golpezo que levou por diante un dos paus do Varal e sobre todo un brutal dj a pé de pista que impuxo a máxima do danzade malditos danzade , nun abarrotado pavillón convertido nunha descomunal Rave Billardeira, pon os cascos e sinte o espectacular crónico que soa no web oficial da referencial Conf. Sur.

DJ GIL ARRINCA EN SALCEDA COAS BRUTAIS RAVES BILLARDEIRAS DO "LNB SOM SYSTEMA"!!

Pero se extremecedor , emocionante e brutal foi o xogo en Salceda , a espectacular sesion coa que Dj Gil agasallou ós centos de asistentes a iste aberto da Conf. Sur fai fenda nunha descomunal fenda sonora que se viña vir e que de seguro vai encangrear toda a LNB convertindo cada aberto nunha grande Rave Billardeira sen precedentes. Se falabamos fai uns días da espectacular sesión de Dj Iyán no Open Bollu , hoxe temos que comezar a pensar nas LNB sesions e na posibilidade de intercambio de djs entre conferencias , a LNB abre ademáis un espazo inaudito na música galega, a do Dj estrela que move masas ó nivel do británico Fat Boy Slim , só un mestre do ritmo coma Gil podería combinar nunha sesión a Quim Barrieros e Kortatu mentras fervía a pista na que se realizaron a brutal cifra de 16 varados, a ver se os responsábeis dos festivais distes país ademáis de continuar cos Abertos festivaleiros abren a madrugada para os djs do LNB Som Systema.