O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, julho 31, 2007

VIDEO-REPICHOCA DOCUMENTAL NO FESTIVAL DA TERRA E DA LINGUA , TELE-VARAL!!

BOCIXA , XOGADORES DO BILLARDA FREESTYLE, XURXO SOUTO E A EXCLUSIVA MUNDIAL DA FINAL DO CAMPIONATO DE MATRAQUINHO FORMAN ISTE ESPELUZNATE DOCUMENTAL PRODUCIDO POLOS GUERRILLEIROS AUDIOVISUAIS DE TELE-VARAL DURANTE O FESTIVAL DA TERRA E DA LINGUA ORGANIZADO POLA FUNDAÇOM ARTÁBRIA E CELEBRADO NO PODEROSO MARCO DO MUIÑO DO PEDROSO.

Bocixa a voz de Zenzar e das Encrobas acode á chamada do set-trincheira de TELE-VARAL para falar emocionado de bares, rancheiras , paseos en burro e resistencia na Lousa....sigue, sigue e dalle!!

TELE-VARAL achega o micro a dous dos participantes no BILLARDA FREESTYLE que falan emocioandos e coa voz cortada polas probas de son da necesidade urxente de acadar a independencia para dignificar o noso deporte!!

Xurxo Souto entra no set-trincheira de TELE-VARAL para apoiar de xeito firme e contundente á causa da LNB , Repichocas contra o imperialismo deportivo!!

TELE-VARAL ofrece en exclusiva a final do campionato de matraquinho que se desputou xa entrada a madrugada e cun ambiente de luxo , fume de petas e tragos de cubata digno só das grandes citas mundialistas, GALIZA - CCCP!! (video-homenaxe a Alexandre de Fisterra)

segunda-feira, julho 30, 2007

O NOSO COMPROMISO : INDEPENDENCIA E BILLARDA FREESTYLE!!


Poida que unha imaxe valla máis ca mil palabras pero cando ambas se xuntan o seu poder é inmenso, a LNB desembarcou armada de paláns e billardas e atopouse cunha populaçom conquistada xa de antemán que agardaba cos brazos abertos a chegada ás augas do río Xubía dos máis temidos e temerarios mariñeiros do deporte tradicional galego, os indomábeis foraxidos da LNB que pese a quen pese , avanzan suorentos e quiemados polo sol do deseto na súa cruxada por dar e achegar ó deporte da billarda ó pobo que para a LNB é quen máis ordea e sacar ista práctica dos museos donde outros estamentos oficiais a queren engaiolar.
Aquí vai un adianto exclusivo en fotos do que será un espectacular ducumental audiovisual do equipo de TELE-VARAL desprazado ate o Muniño do Pedroso donde poderemos sentir o pulso dos máis destacaods participantes no billarda freestilee ate os intres históricos vividos no set de TELE-VARAL instalado fronte á TENDA –LNB por dende pasaron dende Bocixa de Zenzar a Xurxo Souto para dar o seu apoio absoluto á causa LNB , e como traca final os cámaras de TELE-VARAL resistiron aínda en pé e manteron o equilibrio ate as 2 da mañá para grabar en absoluta primicia mundial a gran final do campionato de matraquinho celebrado no propio festival donde a parella de representes da LNB fixo un máis que digno papel caendo en semifinais fronte ó poderío Skatalítico dos vigueses Skarnio , preparade pois os fuciños porque as pedra do Muiño do Pedroso comeza a moer os grans de millo para sacar a mellor das fariñas posíbeis.

espectacular implicación dos festivaleiros no billarda freestyle , a LNB deixou semente de vencer ó imperilalismo deportivo e xa se corre o rumor dunha ou varias equipas en terras da artábria!!
A TENDA-LNB distribuíu multitude de PACKS-LNB e servíu de set improvisado de TELE-VARAL por donde pasaron Bocixa e Xurxo Souto para mercar e apoiar a Billarda e o TOP MANTELO!!
Mondoñedo, Nebrasca ,Madrid..esteña donde esteña Merce sempre apoia á causa LNB , foi unhas das grandes estrelas que se achegaron ate a TENDA-LNB para mercar colares e pulseiras e levar unha das creacións exclusivas de zimmer103 en CD do TOP-MANTELO.
Bonovo, zanfoñas con guagua, baterías que skupen e skapan, serrutxos que falan e acordeóns con pedais conectados ó portatil...sen dúbida o máis impactante da noite e ó encargado da electricidade case se lle olvida conectar a Toma de Terra!!
e coma traca final TELE-VARAL vai ofrecer en exclusiva mundial a final do campionato de matraquinho!!

terça-feira, julho 24, 2007

O BILLARDA FREESTYLE DESEMBARCA Á BEIRA DO RÍO XUVIA no FESTIVAL DA TERRA E DA LÍNGUA!!

Pase o que pase cos fogos de artificio no día da patria , a LNB vai deslizarse resacosa e temeraria ate o Muiño do Pedroso no concello de Narón para o sábado 28 por en marcha no marco do festival da Terra e da Lingua organizado pola Fundaçom Artabria o delirante formato do Billarda Freestyle, unha loucura feita realidade que vai facer tremer a todo o que se achegue ó espacio reservado dentro do festival para os desportistas desprazados pola LNB , ademáis a pé de pista estará instalada a TENDA-LNB donde se poderá adquirir todo o material deportivo necesario para a práctica do desporto da billarda máis todo o merchandising necesario para lucir niste poderoso verán de climatoloxía galega camisolas , chapas , pulseiras e colares invadiran xunto coas billardas ardendo e as cámaras e os micros da indomábel TELE-VARAL o ar á beira do río Xuvia. Collede impulso , paláns e bandeiras porque a loucura do Billarda Freestylee chega ó festival , vémonos alí!!

sexta-feira, julho 20, 2007

BILLARDAS , PADIOLAS E GOLPEXOS .....

Éxito rotundo e impactante da poderosa acción realizada polos voluntarios da cruz vermella que xunto coas brigadas Coruña da LNB invadiron de novo de billardas e carraxe deportivo a Torre de Hércules , por sorte non houbo feridos polo que as padiolas non tiveron que ser sacadas por istes voluntarios que de seguro viñan preparados para facer fronte a calquera incidencia violenta niste master billardeiro. Pero a serpe multicor da LNB no seu asfixiante percorrido de verán continúa o seu movememento e moi atentos porque o vindeiro sábado 28 en Narón durante o festival da terra e da lingua ponse en marcha o billarda freestyle , donde de seguro se van necesitar padiolas , curucromo e tiritas mouras e brancas para curar as feridas dista loucura feita realidade á que estades tod@s convidados, moi atentos á pantalla porque comeza a conta atrás!!

quarta-feira, julho 18, 2007

O ESPÍRITO DA AUTÉNTICA VOLTA INVADIR A TORRE DE HÉCULES!!

Non foi casualidade que a LNB elexira a cidade da Coruña para presentar en sociedade fai xa dous anos á Seleción Galega de Billarda, A AUTÉNTICA, como xa se coñece popularmente. Iste xoves 19 o espíritu combativo daquela histórica data vai voltar a impregnar coa súa brisa ás ducias de rapaces que a partires da 12 h. se van dar cita diante da Torre de Hércules no mesmo sitio e case á mesma hora mesmo sitio donde A Auténtica fixo a súa primeira foto oficial que deu a volta ó mundo, para participar nun especatular master billardeiro da man dun rapaz en prácticas na cruz vermella chamado Ramiro que movilizou ás sempre activas Brigadas – Coruña da LNB para armar unha poderosa acción billardeira que vai facer tremer de novo os cimentos da Torre de Hércules. Ramiro invadido polo tangaranho vermelho informou que moitos dos rapaces que van participar niste master escondían billardas nas súas casas e que iste xoves por fin, xunto cos seus compañeir@s van poder saír da gaiola do imperialismo deportivo e golpexar coa forza necesaria para o día de mañá poder formar parte dunha das sempre míticas citas da Auténtica. Iste xoves únete ó master billardeiro nos campos anexos á torre de hércules e descubre ás futuras estrelas da á Selección Galega de Billarda, A AUTENTICA!!

sexta-feira, julho 13, 2007

MATRAQUINHO E BILLARDA PARA UN VERÁN REVOLUCIONARIO E ANTI-IMPERIALISTA!!

Espectacular o matraquinho artellado polos nosos irmáns da Fundaçom Artabria instalado no seu local social que enfronta por primeira nun taboleiro do mundo ás seleccións da URSS e da Galiza , polo que se iste verán te pasar por terras Artabrias non deixes de botarte ós mandos e mentras tomas un copo sentirte como se sentiría o mítico e stalinista Oleg Blokin enfrontado á nosa selección capitaneada polo noso admirado Nacho, pero se non tes suficiente...en Vigo os nosos tamén irmáns do programa Súbete ó Castro adoptaron a billarda coma unha actividande máis dentro das súas accións de verán e amiazán con espallar nise grande menisco de emanut que é a cidade vigo o espíritu combativo do noso gran coordinador da brigadas Viguesas Aitor... e se tampouco tes suficiente ....na Coruña ademáis das activas brigadas sumouselles Ramiro , un tipo en prácticas na cruz vemella xuventude que pon en marcha un espectacular master billardeiro a celebrar iste vindeiro xoves 19 a partires das 12 da maña nos campos anexos á torre de Hércules entre os rapaces do seu colectivo e ó que tod@s estades convidados a unirvos ... pensamos pois , que a aínda que alegal e con todo tipo de impedimentos burocráticos , políticos e mediáticos o deporte da billarda avanza pese a quen pese a pasos axigantados e nunca antes pensados. LNB , golpexos e suores na máis absoluta ilegalidade, e moi atento porque o billarda freestyle está a punto de espallarse polo país coma o lume na herba seca!!

terça-feira, julho 10, 2007

ULTIMA HORA: ISMAEL , O ZIDANE DA BILLARDA PERMANECE CONSCIENTE E ESTABLE DESPOIS DUNHA PERIGOSA CAÍDA CO SEU QUAT..

Ismael ,O Zidane da Billarda sufríu iste domingo unha importante caída mentras conducía o seu quad polos montes de Cornería, se durante o SUPER-5 parroquial puidemos ver a un viluba dos paxaros laranxas de Lourenzá escaiolado por mor dunha caída mentras practicaba a súa segunda paixón, a patinase de velocidade , agora é O Gran Zidane da billarda quen sucumbe riba do seu quad fracturando un pé e menos mal que Ismael ía atabiado con todas as proteccións o que lle salvou dunha segura rotura da columna. Dende O Varal queremos mandarlle forza e ánimo a iste incansable e gran palanador que segundo el declarou en exclusica a iste medio vai estar recuperado para dende inicio de tempada loitar xa coma un can adoecido polo título da SUPERLIGA 2007-08 e rachar así coa maldición que o persegue dende o último e histórico asalto da tempada . Toda a afección quere ver ó Zidane de novo facendo trompos co seu palán nas pistas de xogo, ÁNIMO ISMA!!

quinta-feira, julho 05, 2007

BRIGADAS-LNB, EVO , CHAVEZ E MARADONA......PRESENTES!!

A LNB dirixe os ollos cara ós estadios de Venezuela para ver a excepcional organización da Copa América e copiar e adaptar códigos organizativos á nosa competición . Se algún día Galiza chega a ter a sorte de contar con dirixentes da talla de Evo Morales e Hugo Chavez será un pracer convidalos ó saque de honra xunto co noso sempre admirado Diego pero mentras iso non chega haberá que foderse. A LNB está xa a preparar intensamente as novidades que vai traer a SUPERLIGA 2007-08 na cal xa se está a estudar calendario e no que de seguro as franquicias terán que contar cun número máximo e mínimo de palanadores polo que se queres entrar no sempre sorprendente DRAF da LNB podes xa porte en contacto [ovaral@hotmail.com]. Nista vindeira tempada a LNB quere fortalecer o entramado das BRIGADAS-LNB espalladas polo país polo que a GUAGUA vai de seguro botar lume, se queres ser brigadista e formar unha Brigada-LNB na túa vila , parroquia ou cidade non tes máis que mandar un correo ou chamar ó 619.570976, e moi atentos porque despois do tremendo éxito da TENDA-LNB , ista prepara sorprendentes novidades para o intenso tempo e verán. Racha co imperialismo deportivo e faite brigadista!!