O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, junho 29, 2007

ESPECIAL DOCUMENTAL: SEÑOR COMANDANTE ELA É PERIGOSA, REMOURELLE É A PERIGOSA!!


Pese a que xa pasaron uns días dende que o salvaxe furacán do interparroquial conmocionara o universo deportivo da Galiza máis extrema e extremista , iste mes de xullo serán os kioskes do país os que sucumban ante o tremendo vendaval da LNB por medio dun espectacular documento sobre o parroquial publicado nas páxinas dos irmáns de NOVAS da GALIZA. Pero para ir facendo boca TELE-VARAL destapa un outro espectacular documental centrado na figura da selección debutante, os Búfalos de Remourelle, cargados de ansia de triunfo e capitaneados e dirixidos polo Aldo Basile de Xoxe , é dicer por Gines iniciaron moi ben o seu desquite na competición , empurrando ó enviado especial de TELE-VARAL invadir de xeito impune o banquiño dos búfalos e ó berro de AKÍ ULE A PERICO!! entrevistar a un desconcertado traficante chamado Lois. Era o primeiro enfrontamento do SUPER-5 e Ginés pese a dirixir os seus peóns á perfección no desempate final á billarda máis longa fronte ó experimentado David dos arraianos , non puido definir e caeu producindo unha auténtica conmoción nos ruidosos siadeiros. Pero Remourelle gardaba para o seu enfrontamento da tarde un espectacular as na manga, Mariña, o mítico batería dos ALKARPA, trocaba as baquetas polos paláns para desafiar na pista de xogo á polir´tmica e mutante selección dos Paxaros Laranxas de Lourenzá. Despois daquel histórico documento filmado pola dúas e emitido no case clandestino e alieníxena programa intitulado como A REPICHOCA no que o gran Paco Mariña dende os mandos da súa PALA- Retro comentaba as súas fazañas coma batería de ALKARPA , TELE-VARAL capturou de novo , en exclusiva e cunha única pedra de xeo a ista auténtica lenda da música galega contemporánea. Mariña e Remourelle acadaron a culler de pau diste parroquial 2007 pero coma o neniño negro de ALKARPA prometen voltar para o ano e saldar contas... veu, veu veu........ polo río Miño.

quinta-feira, junho 21, 2007

O PERICO DA LNB FALA EN EXCLUSVA PARA TELE-VARAL!! [PREME]

Inaudito e extremecedor documento: Juán Pico o sempre impredecíbel reporteiro de TELE-VARAL conságrase como reporteiro de guerra logando arrincar unhas espectaculares verbas á grande estrela diste Super-5 parroquial 2007 , O AÑO DA LNB racha o silencio e fala en exclusiva para os micros de TELE-VARAL xusto cando se dirixía ó palco de autoridades para ver a gran final do interparroquial entre Os diaños brancos de San Cosme e Celeiro . Pero se isto non foran sufientes honores A Philarmónica de Birimbaos da LNB interpretou unha psicodélica muiñada de vencida ó Perico que eclipsou á festa do bernabeu.

terça-feira, junho 19, 2007

SAN COSME VENCE A CELEIRO NA FINAL DO SUPER-5 NA GRANDE APOTEOSE DO PERICO!![preme]


SAN COSME DESQUICA Á SELECCIÓN DE CELEIRO DE MARIÑAOS E VIVE UNHA DESBOCADA APOTEOSE DO PERICO. TELE-VARAL EMITE EN EXCLUSICA A ÚLTIMA E DECISIVA CARREIRA DISTE SUPER-5 PARROQUIAL E PREPARA UN ESPECIAL CON IMPACTANTES IMAXES , INCLUIDA COMO XA SE INFORMOU DENDE AS QUIMBAMBAS DA Radio Galega UNHA INAUDITA ENTREVISTA Ó GRAN PROTAGONISTA DISTA FIN DE SEMANA DE INFARTO, O PERICO DA LNB. Atentos ás pantallas!!

segunda-feira, junho 18, 2007

O PERICO DO INTERPARROQUIAL PACE XA EN SAN COSME!!

SAN COSME MANTIVO CON UÑAS E DENTES A SÚA HEXEMONÍA NO SUPER-5 PARROQUIAL NUNHA DAS MÁIS QUENTES E POLÉMICAS FINAIS DA HISTORIA DA LNB IMPÓNDOSE TRAS DUNHA ESPECTACULAR REMONTADA Á SEMPRE TEMÍBEL SELECCIÓN DE CELEIRO QUE NON PUIDO CO EMPUXE DOS DIAÑOS BRANCOS DE SAN COSME . PROBLEMAS TÉCNICOS IMPIDEN QUE O VARAL POIDA DESTILAR MÁIS INFORMACIÓN POLO CITAMOS ÁS MASAS ISTA TARDE NAS QUIMBAMBAS DA RG A SENTIR O ALENTO DA VOZ DA LNB ANALIZANDO COAS MADRIÑAS O QUE FOI UNHA HISTÓRICA XORNADA DE 8 HORAS ININTERRUMPIDAS DE BILLARDA , EMOCIÓN E BERROS DE PERICO.

sexta-feira, junho 15, 2007

A FOLLA DE HORARIOS DO SUPER-5 PARROQUIAL 2007!!


ISTE DOMINGO 17 NON TE DEIXES INVADIR POLO SONO OPRESOR E MADRUGA PARA SABER SE OS DIAÑOS BRANCOS DE SAN COSME MANTERÁN A HEXEMONÍA NISTA NOVA EDICIÓN DO INTERPARROQUIAL DE BILLARDA. A CITA NO COLISEUM DO SAN BARTOLO NO CONCELLO LUGUÉS DE BARREIROS.

FASE CLASIFICATORIA

10:00 – 11:15 ARRAIANOS DE ASTUR-EO vs BÚFALOS DE REMOURELLE

11:30 – 12:45 MARIÑAOS DE CELEIRO vs PAXAROS LARANXAS DE LOURENZÁ

FASE FINAL 1º PARTIDO

13:00 – 14:15 DIAÑOS BRANCOS DE SAN COSME – GAÑADOR ( ASTUR-EO- REMOURELLE)


XORNADA DE TARDE

16:00 – 17:15 DESPUTA DE 4º E 5º POSTO

17:30 – 18:45 1º FINAL TRIANGUALAR


19:00 – 21:15 2º FINAL TRIANGULAR

21:30 TRACA FINAL DO SUPER-5 CON UN ESPECTACULAR CONCURSO ABERTO DE VARADOS POLO XAMÓN DA LNB.

terça-feira, junho 12, 2007

DESATADA A LOUCURA DO SUPER-5 PARROQUIAS 2007!!

O intenso olor a cebrío invade xa o tenso ambiente que rodéa ás 5 parroquias que iste domingo 17 se van dar cita na pista do san Bartolo no concello lugués da Barreiros. Coseguirán ós paxaros laranxas da parroquia da Valdeflores despegarse da CULLER DA PAU que acadaron na anterior edición do interparroquial e serán capaces os diaños brancos de San Cosme de revalidar o título levándo para o seu prato o desexado año da LNB? . Prepara xa a molida e a toalla para unha intensa xornada de billarda e praia na que poderán participar no concurso aberto de varados para levar un espectacular xamón de cocho celta, racha coas cadeas e achégate ó SUPER-5 2007!!

quarta-feira, junho 06, 2007

O AÑO DO SUPER-5 PARROQUIAL AMIAZADO POLAS BANDADAS DE BUITRES CARROÑEIROS!!

A LNB ultima a pasos axigantados o multiusos do San Bartolo para o espectacular SUPER-5 PARROQUIAL que vai ter lugar o vindeiro domingo 17 de xunio. Dende o solpr ate o mencer a billarda estará no ar para dilucidar para que selección vai ser o PERIKO DA LNB , ise año criado de xeito natual está a ser custodiado as 24 horas polos corpos de elite da LNB xa que como todo o mundo sabe o norte da Galiza está a ser invadido totalmente por buitres carroñeiros que xa teñen atemoriados ós gandeiros de Alfoz e Ferreira e que moi posiblemente extrendan o seu ataque ós rabaños de concellos cercano como é o caso de Barreiros donde se vai desputar o gran SUPER-5 PARROQUIAL. Coas defensas activadas a LNB quere comunicar á gran larada de palanadores e palanadoras famentos que seguides ista perigosa disciplina deportiva que no caso de que unha distas aves ouse atacar o noso año , os corpos de élite da LNB tentarán capturar un buitre para, a continuación marcar unha data para realizar un torneo no que se xogue ista gran ave carroñeira tan abundante nos concellos do norte do país. Tanta morralla haberá por alí ?......achégate e descúbreo por ti mesmo!!

segunda-feira, junho 04, 2007

CHEGA O SUPER-5 PARROQUIAS!!

Comeza xa a conta atrás para a gran cita interparroquial, o supercinco parroquias a desputar iste 17 de xunio vai ter coma gran tractivo a cansecucion pola parroquia vencedora da PERIKA DA LNB, un espectacular exemplar de ovella galega que vai ir pacer ou ser pacida polos palanadores e palandores que logren vencer no multiusos de San Cosme donde se vai desputar iste xa mítico torneo de verán. Coa incorpación dos Búfalos de Remourelle , Astur-Eo, San Cosme, Lourenzá e Celeiro de Mariñaos voltarán a enfrontarse nunha xornada de dará o pistoletazo de saída ás 10 da mañá . San Cosme defende o título e os de Valdeflores de Lourenzá queren desfacerse da Culler de Pau acadada na anterior edición do interparroquial. Ti aínda estás a tempo se queres inscribir a tu selección parroquial só tes que xuntar 8 membros da túa tribu e dirixirte a ovaral@hotmail.com . Prepara a molida para turrar na gran melé interparroquial!!