O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, abril 30, 2007

SERVADO ARRASA EN TERRAS PATAQUEIRAS!! [preme]


Burela recibíu por primeira vez ós paladores e palanadoras da LNB cunha espectacular tarde de sol , polo que a terra batida anexa ó campo de futbol da Marosa foi unha moqueta perfecta para derimir contas pendentes. Ismael chegaba a terras pataqueiras con un só punto de diferencia e pese a perder momentáneamente ise liderato fronte ó seu máis inmediato perseguidor, Vicente , o palanador dos Cornería Team soubo reporse e rematar iste doceavo asalto da SUPERLIGA con 4 puntos de avataxe. Restan só dous asaltos para rematar a competición e matemáticamanete só tres palanadores poden obtar ó título , Ismael , Vicente e Foro son os elexidos pola gloria. Mentras tanto o especialista en Varados Servando plantábase na final diste Torneo do Palán de ouro contra un moi regular Iván da EkipA SaFaRi que por primeira vez ía tentar nunha final facerse cun título Grand Slam, pero a maior veteranía do palanador dos Bíteres liquidou aínda que non sen apuros ó xoven gran palanador. TELE-VARAL estivo aló pegando a cámara ó alento dos dous finalistas,

sexta-feira, abril 27, 2007


PALÁN DE PRIMAVERA: 16:30 estadio municipal da Marosa , iste domingo xungue o elefante e achégate a Burela!!

quinta-feira, abril 26, 2007

MOITO PEIXE AÍNDA POR VENDER NA RULA BILLARDEIRA da SUPERLIGA!!

Ismael O Zidane da billarda, lider da SUPERLIGA e os perseguidores nista competición que invade mares serán as grandes estrelas da grande rula billardeira que se vai celebrar iste domingo 29 de abril a partires das 16:30 no estadio municipal da Marosa , na vila luguesa de Burela 85, 80, 75, 70, 65...». comezou xa a conta atrás cantada para ver quen berrará o meu nista intensa rula de golpes e xuramentos para dilucidar quen se levará iste ano o desexado Torneo de Primavera. Preparados pois para o asalto nº 12 dun combate pactado a 14 no que aínda queda moito pescado que vender. Achégate a Burela atraído polo cheiro do gran tabeirón da LNB!!

segunda-feira, abril 23, 2007

BURELA PREPARA O CURRICÁN PARA A DESPUTA DO TORNEO DE PRIMAVERA!!!

O gran barco da LNB diríxese cara ó peirao de Burela para desembarcar cos tabeiróns más bravos do cantábrico no estadio municipal da Marosa donde por primeira vez na historia iste domingo 29 de abril a partires da 16:30 h. un dos grandes estadios de futbol da Galiza vai acoller un gran torneo do circuito da SUPERLIGA de billarda –LNB. E xunto cos galácticos e galácticas do deporte da billarda , como non podía se menos, Lois Valea, Sócrates , O Bisbal da Lastras e toda a tribu de lanzadores da SUPERLBOL GALIZA 2007 substituirán a pelota de coiro pola gran bola de madeira do país. A LNB alíase para iste desembarco brutal coas asociacións Buril e co colectivo Palestina para niste doceavo asalto da SUPERLIGA lanzar o curricán no que de seguro miles de afeccionados de deporte da billarda quedarán para sempre atrapados.

quinta-feira, abril 19, 2007

PESE Á PUNTEIRÍA DE VICENTE...ZIDANE NON CEDE!!

Iste desafiante titular ven coma anel ó dedo suado despois de desputado o electrizante onceavo asalto dista SUPERLIGA de billarda que xa está tocando o seu fin . para analizar correctamente o acontecido no cemento pulido de Vilamar podes visitar AS TÁBOAS CLASIFICATORIAS no link como sempre patrocinado pola TENDA-LNB , ahí ademáis de poder conseguir material deportivo para a práctica diste deporte da billarda poderás ver como van clasificados as túas grandes ídolas e ídolos que arrincan todos os chantos do deporte de esencia tradicional . Sen tregua os palanadores dos Cornería Team apuran o tramo final dista competición cunha espectacular escalada na clasificación de Franquicias donde despois de deixar atrás ós Sporting Petapouco clavan agora a ollada nos Cornería Team que xa os teñen a tiro , sobre todo vendo como Foro o seu palanador máis adiantado e lider de varados segue de terceiro agardando coma un tigre entre os ramallos o erro dun dos de cabeza, e como por detrás Victor , Rafa e Dani van consolidándose xornada tras xornada coma grandes estrelas diste deporte que racha moldes. Todo sigue intacto, con Ana da EkipA liderando a clasificación feminina seguida de Carmiña e Ana dos Bíteres que pase a levan 10 puntos de desvantaxa aínda non tiran a toalla e prometen dar moita guerra coma o resto dos palamnadores e palanadoras nos aínda tres asaltos que restan para cruzar a liña de meta. Próxima estación no estadio munincipal do Marosa en Burela , para a desputa do Palán de primavera , un torneo que a sangue e o corpo altera!!

segunda-feira, abril 16, 2007

A MOVIOLA DE TELE-VARAL ACENDEU EN VILAMAR O SPRING FINAL DA SUPERLIGA!! [preme]

Vilamar acolleu cun sol expléndico o asalto número 11 da SUPERLIGA de Billarda, nunha espectacular enganchada O Zidade da billarda , resistíu as terribles embestidas de Vicente , o palanador da EkipA que estaba a tan só un punto quería no cemento pulido dista parroquia Barreirenese asaltar o liderato dista competición que racha moldes. Pero das tres carrieras que desputaron cada un dos dous palanores ningún dos dous patinou polo que se mantén a diferencia de un punto , Ismael , sabedor da presión á que ía ser sometido sacou en Vilamar un inesperado as da manga, a súa dinámica billarda alcumada TOXO TORTO, con forma de sacabeira coa cabeza ó sol , racou o ar e introduciuse no varal cunha furia impresioante. Pero non son só istes dous palanadores os que marcan o altísimo ritmo da competición, nunca antes as billarda asubiaron tanto na pista de xogo, xa non chega con non fallar , a realidade fai que cada golpexo errado se convirta nunha sentencia de morte , por iso niste tramo final da SUPERLIGA faise máis necesario ca nunca e posta en marcha da MOVIOLA de TELE-VARAL para analizar ises polémicos golpexo, niste caso é David o palanador do Sporting Petapouco nunha especacular estirada que a escasos milímetros do Varal acende a tan temida polémica arbitral.

quinta-feira, abril 12, 2007

OS PALANADORES PREPARAN OS PUÑOS PARA A ENGANCHADA DE VILAMAR!!

Ademáis da encarnizada loita polo liderato , na pista de cemento pulido de Vialamar tamén estará en xogo o disputado título de varados ou tiros directos donde Foro, o palanador dos Tronos do Masma na pasada xornada en Santo Adrao deu un importante golpe de timón distanciándose do pelotón e encabezando a clasificación con tres dianas , en loita tamén as franquicias donde a EkipA SaFaRi con Iván e Ana que encabeza tamén a clasicicación feminina son xunto a Vicente os seus grandes valedores, pero cos Bíteres do grande Servando , o Michael Jordan da billarda en plena forma e os Cornería Team en racha despois das boas sensacións producidas pola súa nova incorporación Canceleiro , o xa coñecido coma o Hristo Stoichkov da Billarda vai tentar solucionar coa seu xenio e carácter gañador os probleamas que arrastrou durante toda a tempada a franquicia más alaxanxa da competición , polo tanto iste asalto de Vilamar promete ser absolutamente demoledor. Racha coas cadeas e achégate a Vilamar sentir o penetrante asubío da billarda cortando o ar.

terça-feira, abril 10, 2007

SIGUE A CRUZ DA SECTA DA LNB!!

Rematadas xa as procesións e o desfile de encarapuchados sostendo santos e virxes polas rúas das vilas, cidades e parroquias galegas , a secta da LNB move iste domingo 15 ós miles de adictos seguidoes de fé cega cara á pista multiusos de Vilamar no concello de Barreiros , para a partires da 16:30 dar comezo o asalto nº 11 dista electrizante SUPERLIGA de billarda da que xa se alvista o seu apoteósico final , poderá niste spring de tan só catro asaltos manter Ismael a vantaxe de tan só 1 punto que lle saca ó palanador da EkipA Vicente e ós seus máis inmediatos seguidores Foro, Iván ,Ana ou J.Manuel que coma lobos adoecidos na noite van tentar no cemento pulido de Vilamar dar caza a iste año coñecido coma O Zidane da Billarda. Racha coas cadeas e sigue a cruz do predicador da LNB

segunda-feira, abril 02, 2007

ESPECIAL TELE-VARAL: O ECLIPSE LUAR PRELUDIO DO ALL STARS [preme]

Nun intre no que as rúas van ser tomadas por encapuchados , costeleiros e gardas civis idolatrando virxes e santos o Varal dá unha volta de torno para apresentar ós miles de afeccionados ó deporte da billarda no mundo enteiro un espectacular documento sobre o acontecido durante a intervención dos membros da LNB no Luar da galega para apresentar o II Billarda All Stars celebrado na pista da Pateira xa depois do famoso lapsus verbal do reporteiro estrela de TELE-VARAL cando fronte e fronte desafióu a un atemorizado Gayoso fronte ó poderío comunicador e intimidador do noso gran Juan Pico. Por primeira vez na historia Zidane foi maquillado polo que iste transcendental feito foi aproveitado para que dende a mesma sala de maquillase TELE-VARAL relalizara a primeira comunicación coa unidade móbil desprazada ate o estudio mil de Teo donde se realiza o Luar Juan Pico sacara case con tenazas as primeiras verbas do palanador estrela dista competición que racha moldes. Pero Dani , capitaneando de xeito maxistral a unidade móbil de TELE-VARAL logrou coa axuda do Grilo en Ruta roubar unhas imaxes exclusivas e inéditas dos ensaios dos tres palanadores desprazados que xa cautivaron a un público absolutamente entregado de antemán á causa billardeira.
Despois das probas e os ensaios o extenuado equipo de estrelas da LNB tiveron que repor forzas na cafetería do plató 1000 e quentes xa co viño e cos chupiños de herba e de José de Baralla os membros da expedición non puideron reter máis a tensión e protexidos pola xeada da noite e en compaña da sempre latexante unidade móbil de TELE-VARAL os tres palanadores saíron ó aparcadoiro practicar uns golpexos na escuridade antes invadir de carraxe o escenario . Pero nun feito histórico de novo a imparábel unidade móbil de TELE-VARAL logrou que colarse no programa e nunha espeluznane retransmisión con cámara oculta entre bastidirores Juan Pico logrou transmitir como estaban os ánimos da expedición LNB antes de saltar ó escenario. A LNB invade de billardas ardendo un ar contaminado de auga bendita , disfruta distes espectaculares documetos nos que a LNB desafiou unha vez máis as leis da gravidade. Outro deporte é posíbel!!