O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, fevereiro 27, 2007

ESTRATEXIAS PARA 9º ASALTO EN TRABADA.......

David o defensor do título a SUPERLIGA dá instruccións ó palanador máis en forma do Sporting Petapouco, unha franquicia que aínda non deu o brazo a torcer na loita pola clasificación de equipos e que ten no experimentado Calvete a súa mellor baza para asaltar o título indivual ó que semella aferrarse coma a un pau ardendo o gran Ismael , O Zidane da billarda. As espadas están afiadas e en alto para que na terra batida do San Marcos de Trabada os palanadores e palanadoras iste domingo 4 de marzal axusten contas pendentes.

segunda-feira, fevereiro 26, 2007

APUNTA: TRABADA > 6 / A CORUÑA > 20

A SERPE MULTICOR DA LNB NUN XIRO DE ÚLTIMA HORA PARTE CARA A CAPELA DO SAN MARCOS NO CONCELLO LUGUÉS DE TRABADA PARA A DESPUTA ISTE DOMINGO DÍA 4 DE MARZAL DO 9º ASALTO DA SUPERLIGA DE BILLARDA , SERÁ POIS O PRELUDIO PERFECTO Ó GRAN ACONTECEMENTO QUE SE PREPARA PARA O DOMINGO DÍA 18 NO CAMPUS UNIVERSITARIO DA ZAPATEIRA NA CORUÑA DONDE SE VAI CELEBRAR UN ANO MÁIS O ESPECTACULAR ALL STARS QUE VAI ENFRONTAR ÁS ESTRELAS DO LESTE E DO OESTE DISTE DEPORTE QUE RACHA MOLDES. PARA ISTE ACONTECEMENTO A BRIGADA CORUÑA DA LNB XA PREPARA UN ESPECTACULAR WEB PARA INFORMAR E COORDINAR TODOS OS MOVIMENTOS DOS PALANADORES E PALANADORAS DA CIDADE HERCULINA , QUE FORMARÁN A COLUMNA VERTEBRAL DA POTENTE SELECCIÓN DO OESTE. O GRAN ESPECTÁCULO DO BILLARDA ALL STARS XA ESTÁ EN MARCHA E TI NON PODES FALTAR, E ISTE ANO COA NOVIDADE DUN ESPECTACULAR CONCURSO DE VARADOS , OS AUTÉNTICOS MATES NO DEPORTE DA BILLARDA!!

sexta-feira, fevereiro 23, 2007

GINÉS CONTRA GINÉS NO SET DE TELE-VARAL!! [preme]

Pese ó perigo de electrocutarse o experimentado equipo técnico de TELE-VARAL desafíou a chuvia e o furacán que golpexou Vilaronte durante a distuta do Torneo do Lacón para , baixo o galpón que servíu de refuxio de palanadores , palanadoras e lanzadores da SUPERBOL , producir un achegamento único entre istas dúas disciplinas que están a rachar moldes. Ginés contra Gines, espeluznante documento no que se enfrontan cara a cara dous mitos do deporte autóctono que comparten o mesmo nome pero que sufren e súan en diferentes competicións. Queremos tamén mandar unha forte aperta a Juán Pico, a gran estrela de TELE-VARAL que continúa lesionado e desexarlle unha pronta recuperación xa que o os terríbeis lápsus do seu substituto poden facer que moi pronto en TELE-VARAL se vexa un máis que posíbel linchamento por parte dos entrevistados ó entrevistador. Juán volta rápido por favor!!

quarta-feira, fevereiro 21, 2007

A LNB NA DEFENSA DA ILLA COELLEIRA !!

Mentras se tenta enfriar a amangueirazo limpo a bomba de reloxería que transporta un barco holandés fronte as costas de Lugo , a LNB coma un berro desesperado dun corvo mariño que habita a Illa Coelleira quere por en coñecemento dos miles de aves migratroria que sobrevoan iste arquipélado dixital do perigo de destrucción dun hábitat natural e salvaxe por mor dunhas autoridades que de novo son víctimas do medo escénico e buscan un lugar supostamente deshabitado para amarrar e enfriar o barco lonxe da presión popular. A Illa Coelleira pertence ó concello lugués do Vicedo sendo á súa vez a maior illa cantábrica (16 hectáreas de superficie), situada na saída da ría de Viveiro. Ten unha característica forma de trapecio irregular de máis dun kilómetro de largo que parece fundirse no mar. Alcanza os 80 metros de altitude e está coroada por un faro de grande importancia. No século IX había na illa un mosterio (priorato) de monxes benedictinos, que foi arruinado polas incursions normandas. Hoxe, aparte del faro , a illa esta cuberta de herba e ademais de ser habitada por centos de coellos, é lugar de paso para moitas aves migratorias que dende Groenlandia , Islandia e o Norte de Europa se desprazan hacia áfrica, sostendo tamén A Coelleira unha importantísima poboación de corvos mariños. Nistes momentos de confusión na LNB todos somos coellos da coelleira , Galiza xa ten o seu perixel , agora o único que falta é un exercito regular que o poida defender, como isto non troque a LNB amiaza con chamar a todos os seus efectivos en reserva para defender a non contaminación dun enclave tan estratéxico. A LNB contra a invasión do fume tóxico na Illa Coelleira!!

sexta-feira, fevereiro 16, 2007

BUROFAX CONTRA A TESTOSTERONA!!

Aterra na redacción do Varal un burofax selado na sede dos Sporting-Petapouco desmentindo tallantemente a incidencia referida ó seu palanador estrela Calvete , afirmando que isa multa da que se fala nisa nova é xa do ano pasado e pola que xa cumpríu a penilazación pertinente.Na mesma nota dend eo Sporting afirman que istes rumores o único que fan é desestabilizar o un palanador coma Calvete que demostrou niste últimos asaltos poder chegar a arrebatarlle o liderato ó Zidane da billarda, polo que sitúan ó entorno diste palanador, e concretamente ó seu representante , coñecido no circuito coma Doutor Castelá , coma mentor distas patrañas co único obxectivo de favorecer ó seu representado. Máis ca un taxi os que iniciaron iste rumor parece que van necesitar unha ambulancia!!

A TESTOSTERONA DESFÍA OS RADARES!!

Fai ben pouco Maniche , o xogador portugués que milita no Atlético de Madrid, era detido pola GNR en Lisboa por exceso de velocidade dando tamén positivo no posterior control de alcoholemia. Fai uns meses nunha estrada calquera da Galiza un dos mellores palanadores da SUPERLIGA foi detido nun rutinario control de tráfico por exceso de velocidade polo tanto multado económicamente e co plus da retirada de puntos e do carnet durante tres meses. Dendo O Varal queremos deixar claro o noso pleno convencemento da inocencia de Calvete , iste palanador do Sporting-Petapouco está a realizar unha espectacular segunda volta da competición que racha moldes polo que cremos que de xeito endóxeno , é dicer , a propia segregación de testosterona do seu corpo, foi o que motivou iste exceso de presión de presión sobre o pedal do acelerador . Pese a todo, son xa varios os rumores que apuntan supostas connivencias entre franquicias e tráfico para tratar de parar na estrada o que non se pode parar na pista de xogo. Agora que a Xunta está pedindo as transferencias en materia de tráfico dende a LNB queremos esixir que ista transferencia contemple a inmunidade para palanadores e palanadoras para evitar episodios tan traumáticos coma os que está a viver iste auténtico atleta autóctono. Calvete únese así a Viluba na longa lista de palanadores perseguidos polos radares e polos corpos de represión escondidos nas cunetas , polo que abrimos unha porta para que todos os que se queiran solidarizar con ista auténtica figura do deporte da billarda o faigan ofrecéndose coma taxistas eventuais para transportalo ate ás pistas de xogo agora , próxima estación....... a pista de terra batida de Santo Adrao, no concello de Lourenzá!!

quarta-feira, fevereiro 14, 2007

PAUS e LACÓNS POR SAN VALENTÍN!!

Se non tendes un espectacular lacón co que agasalar ós vosos namorados ou namoradas coma Vicente ou coma Arturo que aterrou na lastra de Vilaronte arrasando no embarrado terreo de xogo e demostrando que ista gran estrela dos bolos enxértase na SUPERBOL disposto a vencer e a non dar nen a máis mínima oportunidade ós seus contrincantes, Gines e Américo son únicos que lle pisan os talóns nista primeira tirada pero seguro que o xa famoso Bisbal das Lastras , Canceleiro e o imaxinativo xogo de Sócrates tentaran porlle as cousas o máis difícil posíbel a ista gran estrela do deporte autóctono. Podedes entón, entrar na Tenda – LNB para de paso que ollades como quedaron as táboas da SUPERLIGA de bilarda e da SUPERBOL GALIZA 2007 mercar uns paus e unha billardas cos que agasallar ós vosos namorados e namoradas. Outros agasallos de amor tamén son posíbeis!!

terça-feira, fevereiro 13, 2007

SIGUE A FINAL DO LACÓN BAIXO O PARAUGAS DE TELE-VARAL!! [preme]

Sen importar a espectacular tromba de auga que os deuses enviaban para acariciar as costas dos dous panadores finalistas , arincou nunha anagada pista de cemento pulido o combate final entre istes dous galos de pelexa que se ían enfrontar polo Lacón da LNB na perigosa gaiola pechada do multiusos de Vilaronte. Nunha esquina do ring o púxil dos Cornería-Team Ismael , O zidane da billarda, enfrontábase ó posuidor do galo da LNB, Vicente, O beckham da ponte da pedra. TELE-VARAL nun desplegue técnico espectacular seguíu segundo a segundo as evolucións distes dous finalistas e conseguíu protexido cun paraguas que rematou estartelado captar o alento distes dúas estrelas do deporte da billarda. Poida que Zidane pecase de excesivo triunfalismo cando acariciaba xa a uña do lacón cedido tan amablemente pola carnicería de Antonio en Barrieros e foi o que fixo que Vicente no desempate se desquitara e deixara prácticamente K.O no primeiro golpe a un Zidane que non soupo encaixar ise croche de esquerdas do palanador da EkipA. Noraboa a Vicente e a Arturo que na primeira tirada da SUPERBOL GALIZA 2007 levou o lacón e capitanea a clasificación dista competición que xa está a dar moito que falar. Preme nos links e tele-transpórtate á gaiola de Vilaronte!!

segunda-feira, fevereiro 12, 2007

O LACÓN FERVERÁ NA POTA DE VICENTE!! [preme]

CUMPRÍRONSE OS PRONÓSTICOS E UN INSPIRADÍSMO VICENTE, O BECKHAM DA PONTE DA PEDRA, FÍXOSE CO TAN DESEXADO LACÓN DA LNB DESPOIS DE LIQUIDAR NUNHA FINAL DAS QUE FAN AFECCIÓN A UN ZIDANE DA BILLARDA, QUE SUMA E SEGUE NO SEU CAMIÑO CARA O MÁIS ALTO DO CUMIO A FINAL DE TEMPADA. NEN A CONTINUA CHUVIA NEN UN PAÍS INVADIDO POR BOTELADAS E COCIDOS PUIDO EMPAÑAR UNHA TARDE MÁXICA NA QUE OS PALANADORES E PALANADORAS DANZARON BAIXO A CHUVIA NA GAIOLA DE VILARONTE, MOI ATENTOS Á PANTALLA PORQUE TELE-VARAL TEN IMAXES EXCLUSIVAS DISTA HISTÓRICA FINAL ENTRE DOUS AUTÉNTICOS MITOS DISTE DEPORTE QUE RACHA MOLDES , CONTRA A FAME E O CAMBIO CLIMÁTICO, LACÓN DA LNB!!

sexta-feira, fevereiro 09, 2007

ViLARONTE : LOITA GALEGA POLO LACÓN da LNB !!


Toño, o palanador dos Cornería Team e Viluba da EkipA realizaron unha espectacular exhibición de loita galega coma acto central no paso de ecuador da SUPERLIGA de billarda, ista disciplina está a ser practicada xa por varios palanadores da LNB polo que a súa recuperación xunto co traballo de varios pioneiros en ximnasios Vigueses está en pleno proceso de despegue. E loita vai ser tamén a que a partires das 16 h. se vai a producir na pista central de Vilaronte no concello Foz. Contra o imperialismo nas artes marciais engánchate ó poder de SUPERLIGA de billarda que niste 8º asalto desputa nunha irrepetíbel enganchada corpo a corpo o seu IV TORNEO DO LACÓN.

quinta-feira, fevereiro 08, 2007

A LNB PON O LACÓN..... QUÉN CARALLO PON OS GRELOS?

A SUPERLIGA de billarda afronta xa o seu 8º asalto e faino coas pilas cargadas despois dun pequeno paron invernal que como nas ligas do leste europeo repousan nistas semanas de intensas xeadas e na que as franquicias apuran ó máximo a preaparación das súas estrelas para afrontar en condicións o treito final da competición e tratar de meter así os seus palanadores e palanadores cando menos nos postos que den opción a desputar a prestixiosa Copa Ugabi. Ainda que Vicente , o palanador da EkipA parte coma claro favorito non é o único que encargou xa os cimóns ,Bixi, Ginés , Carmiña ou Xermán queren tamén abandoar a folga de fame forzosa na que están adoecendo por trocar o suero da competición polo saboroso lacón que a partires das 16 h se vai a por en xogo no multiusos de Vilaronte. E metras se desputa o lacón na pista central na Lastra de Vilaronte arrincará a SUPERBOL GALIZA 2007 na que os lanzadores do sector oriental con epicentro en Remourelle enfrontaranse ós galácticos da liga de xove ou sector occidental no arrinque dunha competición que vai tamén rachar moldes. Vilaronte engalanse para recibir ás grandes estrelas do deporte autóctono, pon a mázcara e lánzate á aventura!!

terça-feira, fevereiro 06, 2007

VICENTE : 10 A 1 NAS APOSTAS A POLO LACÓN!!

Co lacón xa en poder dos estamentos da LNB hai un palanador que parte coma claro favorito en case todas as quinielas, Vicente , o militante da EkipA SaFaRi por unha extrana ecuación rende sempre a un 150% cando se trata dun trofeo con opción a incarlle o dente , demostrouno no seu Ribadeo natal levando o galo e quere repetir en Vilaronte facéndose tamén co Lacón da LNB, pero non é o único que encargou xa os cimóns ,Calvete ,Toño, Ginés , Carmiña ou Iván queren tamén abandoar a folga de fame forzosa na que están inmersos e trocar o suero da competición polo saboroso lacón que a partires das 16 h se vai a por en xogo no multiusos de Vilaronte. As taquillas xa están abertas polo que lanza a túa aposta e despois pídelle contas ó palanador ou palanadora polo que apostache para que comparta contigo o incomparábel lacón da LNB.... apostas contra a fame e contra a sede!!

segunda-feira, fevereiro 05, 2007

CONTRA A FAME : IV TORNEO DO LACÓN da LNB!!

Para os palandores e palanadoras da LNB é moi complicado realizar unha galería de trofeos en condicións xa que moitos dises trofeos non poden ser expostos senón teñen que ser xantados case ó instante de seren conquistados , é o caso do trofeo que se vai desputar iste domingo 11 a partires das 16 h. na parroquia de Vilaronte , no concello de Foz. A SUPERLIGA de billarda cruzou xa o seu ecuador e afronta o seu 8º asalto , hai quen xa ten encargado xa os cimóns para acompañar o prezado salgado lacón en xogo. Billarda-LNB o deporte para a xente sen dietas!!

quinta-feira, fevereiro 01, 2007

A LOITA CONTINÚA!!

Despois diste pequeno parón invernal os palanadores e palanadoras afían xa as billardas para desputar o vindeiro domingo 11 de febreiro o tan desexado Torneo do lacón donde Vicente , O Beckham da Ponte da Pedra parte coma claro favorito , xa que despois de acadar o Galo da LNB quere facerse co doblete introducindo tamén o salgado Lacón que se vai desputar na pista multiusos da parroquia de Vilaronte na concello de Foz. Pero mentras os palanadores ultiman a súa preaparación para iste 8º asalto combatíndo as terribles xeadas os representantes da LNB non deixaron de traballar nen un segundo e xa podemos adiantar a toda a gran familia que forma a LNB e que disfruta con iste deporte que iniciaronse os movementos para a constitución da Federación Galega de Billarda, un camiño que vai ser moi duro e longo pero para o que todos estamos máis que preparados. Por primeira vez na historia Galiza dá un paso para o recoñecemento oficial da billarda coma un deporte oficial e federado, é o momento de seguir afiando as billardas.......porque agora máis ca nunca A LOITA CONTINÚA!!