O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, março 31, 2006

A SELECCIÓN NAS QUIMBAMBAS!!

FERNANDO VEIGA, O SELECCIONADOR GALEGo DE BILLARDA, VAI FALAR ISTE VENRES A PARTIRES DAS 18 H. NO PROGRAMA DAS MADRIÑAS DA LNB , SINTONIZA URXENTEMENTE COAS QUIMBAMBAS DA RG PARA COÑECER OS PROXECTOS INTERNACIONAIS NOS QUE A TÚA SELECCIÓN VAI ESTAR INMERSA E MOS QUE TI TES QUE ESTAR PRESENTE . GALIZA NO PEITO E OS PAUS NA MAN!!

Fernando Veiga , o seleccionador galego de billarda , exerceu de adestrador do combinado do leste no histórico all stars da Zapateira. Posted by Picasa

quinta-feira, março 30, 2006

OS PRATOS DO ALL STARS!!

Isaac foi o coordiandor dos actos do all strars dentro do espectacular entramado festeiro que a cuac-fm montou para celebrar os seus 10 anos de existencia. A sesión de dj coa que o conductor do impresecindíbel programa de música electrónica e-music deleitou ás ducias de privilexados que pudieron empaparse en beats saídos dos pratos nos que Isaac servíu a partires das 6 da madrugada do sábado o deu exquisito almorzo sonoro . Cando a Guagua chegou ó campus ás dúas da tarde do domingo a mesa de dj tiña fronte a ela a mesa das polbeiras de Melide, duelo de pratos technics contra pratos de madeira na Zapateira que se saldou cun empate técnico. Isaac e Anxo mentores dista rave billardística xunto co lider da clasificación mundial de varados Servando , falan co enviado especial de TELE-VARAL Juán Pico cunha b.s.o a cargo de Miki Nervio & The Bluesmakers. Preme e desfruta do mellor blues e da mellor entrevista posible nistes tempos de ventos de liberdade.

Isaac e Anxo planeando estratexa mentras ollan para Toño, o ex-EkipA SaFaRi que moi posibelmente forme parte da nova franquicia en preparación para a vindeira *SUPERLIGA* "Os Esfarrapados". Posted by Picasa

quarta-feira, março 29, 2006

LESTE - OESTE

Unha liña invisible cruzou o mapa da Galiza , o Leste e o Oeste do país armados de paláns e billardas dispostos a crear a semente de vencer. Na Zapateira , cando a primeira billarda impulsada polo capitán do Leste Servando cortou o ar na pista do campús universitario todos os alí presentes soubemos que o primeiro paso estaba dado. Pese a quen pese a Selección Galega de Billarda, a auténtica , froito do traballo , da ilusión e da loita de toda a LNB é xa unha apabullante realidade. O enviado especial de TELE-VARAL Juán Pico non podía estar ausente dista histórica cita e en plena desputa do all stars entrevista a un emocionado Anxo, gran revelación do combinado do Leste iste palanador e maxistral deseñador do Ferrol de seguro vai ser un dos máis que probables nomes que se barallen para o debut internacional da auténtica.

Os dous capitáns Servando e Isaac polo Leste e Oeste respectivamente na entrega de obsequios antes do inidio do histórico all stars. Posted by Picasa

terça-feira, março 28, 2006

PETANDO NAS PORTAS DE RIAZOR!!

Cifras históricas no seguimentos da exclusiva de TELE-VARAL sitúan a iste primeiro microcanle de emisión exclusiva por internet coma un referente na cumunicación alternativa galega , TELE-VARAL arrasando nas audiencia e a Selección Galega de Billarda arrasando nos inquéritos que sitúan á auténica polas numerosas mostras de afecto e a implicación tanto de palanadores e afeccionados coma o revelación absoluta no seu máis que seguro debut diste 2006 , agardamos que as institucións e os medios sigan co mesmo interese o debut da auténtica que seguiron o debut en San Lázaro da Galega de futbol. Do contrario , a LNB entendería un ataque contra a dignidade nacional dos deportistas galegos de seu, para facer boca, TELE-VARAL conversa despois de realiazar a primeira foto oficial da auténtica ós pes da Torre de Hercules ,co seleccionador galego de billarda ás portas de Riazor, unha das posibles sedes do debut da auténtica. Preme no título!!

Selección Galega de Billarda, "A AUTÉNTICA" Posted by Picasa

segunda-feira, março 27, 2006

EXCLUSIVA DE TELE-VARAL!!

UN FURACÁN ARRASOU ISTA FIN DE SEMANA NA CORUÑA CON TRAPOS E CHAQUETAS NUNHA INTENSA DATA QUE VAI PASAR Á HISTÓRIA POLO DEBUT DA SELECCIÓN GALEGA DE BILLARDA NO CAMPUS DA ZAPTEIRA QUE NO MARCO DUN ESPECTACULAR ALL STARS LESTE OESTE A "AUTÉNTICA" AMOSOU CREDENCIAIS. TELE-VARAL ACUDÍU Á PRESENTACIÓN MUNDIAL DA SELECCIÓN E ATOPOUSE EN RIAZOR CON ALGO INESPERADO, EN RIGUROSA EXCLUSIVA TELE-VARAL FOI O PRIMEIRO MEDIO DO MUNDO QUE CAPTOU O NERVIOSISMO E O DESCONCERTO ANTES DA CHEGADA DE ATESTADOS E QUE A ZONA FORA ACORDOADA.IMPERDÍBEL!!!

EXCLUSIVA MUNDIAL. PÁSAO!!

quarta-feira, março 22, 2006

BILLARDA ALL STARS

DENTRO DOS ACTOS DO 10º ANIVERSARIO DA EMISORA UNIVERSITARIA CUAC-FM DA CORUÑA VAISE PRODUCIR UN FEITO QUE VAI REVOLUCIONAR O UNIVERSO ENTEIRO , UNHA LIÑA IMAXINARIA VAI DIVIDIR A GALIZA EN DÚAS PARTES , LESTE E OESTE E AS ESTRELAS DA BILLARDA DUN LADO E DO OUTRO DO PAÍS VANSE ENFRONTAR NO PRIMEIRO ALL STARS DE BILLARDA-LNB, UN FEITO HISTÓRICO NO EIDO DO DEPORTE GALEGO QUE VAI TER A SÚA GUINDA COA PRESENTACIÓN EN SOCIEDADE DA SELECCIÓN GALEGA DE BILLARDA, A XA COÑECIDA COMA "A AUTÉNTICA" VAI REALIZAR O SEU PRIMEIRO CLINIC EN TERRAS CORUÑESAS PERFILANDO ASÍ A LISTA DE CONVOCADOS PARA O PRIMEIRO ENCONTRO INTERNACIONAL. COLLE SITIO NA ZAPATEIRA PORQUE ISTE DOMINGO 26 A PARTIRES DAS 16 H. O CEO VAI QUEDAR VALEIRO!!

Domingo 26 no campus da Zapateira na cidade da Coruña a partires das 16 h. Billarda All Stars e presentación da Selección Galega de Billarda. Sitúate perto das estrelas!! Posted by Picasa

terça-feira, março 21, 2006

A CANTINA DA LNB


El Vedado , a cantina que racha moldes!! Posted by Picasa
-Benvido Sak á Cantina da LNB , abrebadeiro e espacio de conversa dos palanadores e palanadoras da LNB, para empezar, o hidráurico con xiada-cola, laranxa ou limón?

Moitas gracias, tomareino con laranxa.

-Como representante da LNB na coruña e coordinador dos actos do aniversario da emisora de radio cuac-fm , cóntanos un pouco cal é a filosofía que emana
dos vosos micros e coméntanos un pouco co que se van atopar as ducias de afeccionados que o domingo 26 se acheguen ó Campus da Zapeira.

A CuacFM é unha emisora libre que se emite na Coruña (e en breves en internet) e que permite a calquera persoa ter o seu espazo de comunicación, entretemento, divulgación... nun medio de comunicación masivo como é a radio. Polo tanto dentro da CuacFM podedes atopar programas de todo tipo, dende humor ata debate, con un grande abano de programas musicais: dende o heavy metal ata musica tradicional, pasando polo rock, a electrónica ou a musica comercial e incluso programas especializados en banda deseñada ou cociña; todo pode ser posible na CuacFM!!

O domingo, día 26 celebramos o décimo aniversario da emisora e como non podía ser doutro xeito festaxámolo facendo radio, 24 horas continuas de radio durante todo o domingo. Ademáis da emisión 24 horas haberá unha chea de actividades, comezando con concertos e DJs toda a noite, emisión de videos e imaxes da cuac, campionato de play station, monólogos, sesión vermú e o esperado All Stars da LNB. Tal e como está prevista a chegada dos palanadores, poderán desfrutar dunha sesión vermú como mandan os cánones así tamén coma da comida na que compartiremos mesa a xente de O varal e da CuacFM, despois de coller forzas desputarase histórico entre o leste e o oeste, e despois seguiremos a festa con monólogos, concertos e outras actividades ainda por pechar; todo isto acompañado da emisión que seguirá en directo todas as actividades da festa.

-O da Coruña vai ser o primeiro torneo all stars que se celebra no eido do
deporte de esencia tradicional, sodes conscientes os palanadores e palanadores da selección do Oeste diste fito histórico que dende logo supón situar á billarda-LNB coma un deporte moderno e dinámico afastado dos vellos cánones que condearon durante moitos anos a ista disciplina deportiva a un sustrato marxinal.

Dende logo somos conscientes do que significa a LNB para o deporte tradicional, mais esta ineludíbel cita, coma todo fito histórico so poderemos medir a súa importáncia coa perspectiva do tempo. De todos os xeitos estamos moi ledos de que este chanzo no progreso de billarda-LNB sexa co apoio da CuacFM, sabedores ademáis de que o interese pola LNB é cada día meirande.

-Precisamente na Zapateira vaise dar unha colisión absolutamente espectacular, pola mañán concurso de playstation e pola tarde o billarda all stars,filosofía LNB en estado puro, como surxe iste impulso?

Pois realmente saen da xente, dos verdadeiros protagonistas da festa. O interese polos novos xeitos de competición vitual, así tamén coma polos deportes tradicionais é un feito innegábel.

-Comunícoche Sak , que a data do 26 vai ser histórica xa que vai supor ademais a presentación en sociedade da Selección Galega de Billarda,A Zapateira vai ser o primeiro Clinic no que o seleccionador galego Fernándo Veiga vai perfilar a súa primeira lista de convocados , ves unha presión extra para os palanadores e palanadoras dos combinados Leste e Oeste saberse na posibilidade de entrar a formar parte da AUTÉNTICA, nome co que popularmente xa se coñece á Selección Galega de Billarda?

O orgullo de que se desputara este histórico na Coruña xa era altísimo, pero con esta nova penso que o 26 de marzo quedará coma un dos días históricos dentro do panorama deportivo galego. Ademáis está o feito de que o que podería ser unha tranquila exibición sexa unha loita por demostralle a Fernándo Veiga o mellor de cada palanador.

-Brindemos entón pola consolidación dunha proposta deportiva propia e filla do seu tempo e para que o debut da Selección Galega de Billarda "A AUTÉNTICA" sexa o máis rápido posible!!

Antes de irme gustaríame convidar a todos os lectores de O Varal a que veñan o día 26 a presenciar o All Stars e a desfrutar da festa. Brindemos pois por unha realidade un prometedor futuro.

segunda-feira, março 20, 2006

MIRA QUEN BAILA!!

Os concursos de resistencia de baile , que floreceron nos anos trinta , parecían unha maneira fácil de gañar diñeiro, un só tiña que bailar ate caer reventado. Istas verbas extraídas do magnífico libro de Horance McCoy “¿acaso non matan os cabalos?” poden transladarse á impresionate festa de entrega de trofeos da LNB no Teleclube de San Cosme. Baixo a excelente actuación do crooner Xoan Blanco que incluso compuxo e interpretou o pasodoble do Varal , himno feito xa oficial nisa máxica noite do sábado 18 de marzal. Os desafíos non rematan cando os palanadores e palanadoras deixan os paus no casa , na pista de baile tamén os palanadores se enfrontan , baixo os ritmos tropicais Carmen e Calvete atoparon uns competidores inesperados que desafiarion o seu reinado na ardente pista de baile , María d´Aviles e Xermán tentaron por en xaque as danzas dos mestres pero a veteranía de Carmen e Calvete non deixaron dúbidas para sinalar a ista excepcional parella coma a vencedora do primeiro premio de "Bailes Ceives-LNB".

O tango de Calvete, Xoan Blanco e os Tronos do Varal emulando a Gotan Project na súa homenaxe ó excelente palanador e bailador dos Petapouco. Posted by Picasa

quinta-feira, março 16, 2006

FESTA DA *SUPERLIGA*

Suores na pista de baile do teleclube de San Cosme no consello Lugués de Barreiros para a entrega de premios da *SUPERLIGA* de billarda-LNB, coa presentación estelar dos reporteiros da primeira microtelevisión galega TELE-VARAL , a actuación do crooner do Pereiro Xoan Blanco e os estalos electrónicos da man dos dj´s Tronos do Varal péchase unha tempada de ensoño que catapultou á billarda-LNB a unhas cotas de paixón nunca antes pensadas. Sábado 18 ás 10 da noite todos estades convidados a unha gala que vai rachar moldes. E moi atentos ós próximos movimentos da LNB porque van ser dos que fan historia!!

en exclusiva para Tele-Varal a encargada do Teleclube de San Cosme aprenta a toda audiencia da primeira microtelevión galega a explosiva gala da *SUPERLIGA*. Posted by Picasa

terça-feira, março 14, 2006

INFORMOU.....JUÁN PICO

Só a un dos grandes non lle tembla o pulso cando se enfronta ó intre máis decisivo de toda a tempada, Juán Pico o emblemático comunicador de radio tele-varal entrevista antes de baterse na pista ós dous palanadores que na entrada de cuartos de final mantiñan posibilidades de acadar o título absoluto da *SUPERLIGA*. Sobran as palabras e preme dunha vez!!

Juán Pico, a gran estrela de radio tele-varal!! Posted by Picasa

segunda-feira, março 13, 2006

TELE-VARAL TAMÉN ESTIVO ALÍ!!

A iso da 1:15 da madrugada só os sonámbulos puideros escoitar as primeriras verbas do campión absoluto da *SUPERLIGA * no programa da rg "Máis Berberechos" de Maria Xosé Rodríguez , pero se ti eres dos que o domingo foron cedo para o sobre, hoxe no programa das madriñas , Nas Quimbambas da rg ,das 19:30 en diante vas poder sentir de novo a ledia dun deportista galego, David Díaz , que xa se atopa no olimpo dos grandes. Preme no enlace e teletranspórtate ate San Xurxo!!

Pega a orella ó transistor para sentir o alento do flamate campión da primeira edición da *SUPERLIGA* -LNB da historia. Posted by Picasa

domingo, março 12, 2006

O MUNDO TEN QUE SABELO!!

Tarde histórica para o deporte galego, David dos Petapouco conseguiu manter o liderato no multiusos de San Xurxo proclamándose así campión absoluto da *SUPERLIGA * 2005-06 e conquistando coma guinda final da magnífica tempadA o gran torneo Clausura deixando sen opción ninguna a todos os seus perseguidores, Tan só Servando o campión absoluto de varados puidos manter o tipo ante un David que non perdeu carreira ninguna e que na final do Torneo liquidou a un loitador Vicente da EkipA SaFaRi que ate o último suspiro mantivo o tipo no cemento pulido da parroquia do concello lugués de Lourenzá. Todo o deporte galego ten que saber que existe unha nova estrela do deporte nacional David por dereito propio xa ten figurar ó lado de xente coma Álvaro Pino , Amancio ou Iván Raña.

David dos Petapouco é o primerio campión da historia da *SUPERLIGA* -LNB!! Noraboa campión!! Posted by Picasa

quinta-feira, março 09, 2006

RUIDO DE SABLES!!

O último alento antes da derradeira cita da *SUPERLIGA* 2006-05 vai producirse no progama das madriñas da LNB. Nas QUIMBAMBAS da radio galega polas 18 h. ides poder sentir o son dos sables antes da trascendental cita de San Xurxo iste domingo 12 ás da 16h.

San Xurxo , cita final dista *SUPERLIGA*!! Posted by Picasa

quarta-feira, março 08, 2006

TELE-VARAL VAI ESTAR ALÍ!!

Podedes ir facendo boca para o que se aveciña en San Xurxo (Lourenzá ) iste domingo 12 , co tremendo documento que TELE-VARAL vos afrece nistes intres de tanta tensión acumulada. E superados uns problemas técnicos do servidor da primeira microtelevisión do pais , se mirades na súa grella atoparedes dous tremendos estalos do pasado Torneo do Palán de Ouro que acabou co triunfo absoluto disa gran franquicia chamada Os Petapouco. A desfrutar nista amarga espera!!

TELE-VARAL , a primeira microtelevión Galega cubriu toda a superliga e dende logo vai desprazar un importantísimo dispositivo informativo para cubrir iste Torneo Clausura de San Xurxo. Posted by Picasa

terça-feira, março 07, 2006

O ÚLTIMO ASALTO!!

Co lume nos calcaños e os músculos tensos os palanadores e palanadoras da LNB afrontan a recta final da *SUPERLIGA* unha competición que está a tensionar ademáis das ducias de siadeiros que a billarda-LNB ten espallados por toda a Galiza e polo mundo , ós numerosos inimigos da competición que racha moldes que ven na LNB e na SUPERLIGA un auténtico perigo , pintadas nos cartieis anunciadores dos torneos e arrancamento dos mesmos son as accións principias distes mixiricas que o único que fan é reforzar a nosa idea de que a filosofía que emana da LNB é a axeitada para combater a falla de moral e de escrúpulos. Non imos xogar ó seu mesmo xogo , a LNB ten un prestixio xa adquirido e un xeito de actuar que nos fai ir sempre cara a cara , o único que queremos anunciarlles a istes exaltados pola billarda-LNB é que se teñen iso que hai que ter que se acheguen á pista de xogo e amañaremos isto cos paus na man e a billarda no chan. Dito.

Todo está preparado para o espectacular Torneo Clausura do domingo 12 en San Xurxo, os nervios e a tensión pálpanse incluso nas rúas ardentes de todo o país!! Posted by Picasa

sexta-feira, março 03, 2006

TORNEO CLAUSURA DA *SUPERLIGA*

Pese ás intensas xestións da LNB non se puido acadar un acordo a tempo para okupar unha das rúas principias da vila de Lourenzá , pero non pasa nada, o domingo 12 de marzo unha parroquia diste mesmo concello lugués vai ser tomada por unha sensacional avalancha de palanadores e palanadoras , milleiros de siadeiros e ducias de medios de comunicación que van seguir e transmitir intensamente o desenrolo diste derradeiro torneo clausua da *SUPERLIGA* 2005-06 . A pista multiusos de San Xurxo vai converterse nun auténtico campo de minas no que os palanadores e palanadoras van tentar aniquilar ós seus contrarios de xeito definitivo, non vai haber misericordia!!

San Xurxo 12-3-06, un campo de minas que atravesar para acadar a gloria final nista explosiva *SUPERLIGA* 2005-06 !! Posted by Picasa

quarta-feira, março 01, 2006

THE ITALIAN JOB

Unha das principias arterias da vila Luguesa de Lourenzá vai ser cortada o vindeiro domingo 12 de marzo para a desputar o derradeiro asalto dista inolvidable *SUPERLIGA* 2005-06 . Nunha final ó mais puro estilo da Lippa Italiana a LNB quere que toda a Galiza sexa testigo dun espectáculo único que xunto con Croacia e Slovenia que comparten a denominación común de Pandolo para identificar o noso deporte e a súa competición námbolos dous paises , forman os catro focos principias de europa que contan con competicións estables dentro do deporte da billarda. Billarda-LNB, golpexos que rachan fronteiras!!

Billarda-LNB, Lippa e Pandolo..... golpexos que rachan moldes!! Posted by Picasa