O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, setembro 30, 2005

ARRINCA A *SUPERLIGA*

SANTO ADRAO , A ALEGRE E COMBATIVA PARROQUIA DO CONCELLO DE LOURENZÁ VAI ACOLLER O PRIMEIRO DOS CAMPIONATOS VALEDEIRO PARA A ESPECTACULAR SUPERLIGA DE BILLARDA-LNB , O DOMINGO 16 DE OUTUBRO NA TERRA BATIDA DO FAMOSO CAMPO DA FESTA DE SANTO ADRAO A PARTIR DAS 16 H. TES UNHA CITA INEXCUSÁBEL COA AUTÉNTICA LIGA DAS ESTRELAS. PEGA OS FUCIÑOS Á PANTALLA PORQUE IMOS IR AMOSANDO A MECÁNICA DA COMPETICIÓN , A LNB ESTÁ ESPECIALMENTE EMOCIONADA POR INICIAR ANDAINA NISTA PARROQUIA VIRXE ATE O DE AGORA PARA OS NOSOS PALÁNS E BILLARDAS. DENDE O VARAL DAREMOS CUMPRIDA INFORMACIÓN PARA A INSCRIPCIÓN NISTE “III TORNEO DE APERTURA” E 1º XORNADA DA *SUPERLIGA* 2005-06. SANTO ADRAO RECIBE COS BRAZOS ABERTOS Ó GRAN ESPECTÁCULO DA LNB, NON PODES FALTAR!!

Santo Adrao á a sede elexida pola LNB para o domingo 16 de outubro dar o pistoletazo de saída á espectacular *SUPERLIGA* de billarda-LNB.  Posted by Picasa

terça-feira, setembro 27, 2005

OS PLANOS DUN SOÑO

Aurelio entrou no Varal pedindo axuda para o seu proxecto de deseñar unha pista de billarda , viñeches ó sitio axeitado amigo Aurelio , a LNB quere amosarche a ti e a todos os amigos e amigas do Varal os planos cos que a organización da LNB traballa na construcción das súas pequenas infraestructuras deportivas. Agardamos Aurelio que istes trazos poidan inspirarte na túa obra arquitectónica que seguro que deixa ó estadio olímpido de Atenas nunha picaraxada ,desexamos tamén que sexas tan bo palanador coma arquitecto e cando ise estadio de billarda esteña rematado a LNB poida ir realizar un gran torneo da SuperLiga , sería un orgullo para calquer paralador ou palanadora golpexar a billarda nise seguro futuro estadio olimpico de billarda, recorda que o chan sobre o que desenrolan os campionatos LNB son en cemento e en terra batida, poden tamén realizarse en campo de herba pero nunca en parquet. A LNB pide infraestructuras e respeto para os deportes tradicionais, somos tan dignos coma calquer outro deportista. Saudos e ánimos a todos os deportistas que pensamos que outros suores son posibles e ós arquetectos que pensan que outras formas son posibles!!

Plano para a construcción do "Gran Estadio de Billarda-LNB" Posted by Picasa

segunda-feira, setembro 26, 2005

APAGA A LUZ

A verdade é que o mundo do deporte e o mundo das finazas anda tolo total, Florentino Pérez é o dono de moitas das ilusións dos seguidores do Real Madrid e agora ven de converterse en magnate da enerxía , coméntase que Piterman ise ucraniano de nacemento ten interese en invertir en algo máis ca o seu Alavés e fálase do seu posible interese pola adquisición dunha franquicia LNB, a ver en que queda a cousa. Por outra banda a LNB tamén está en conversas con diferentes empresas para patrocinar a Super-Liga 2005-06 , se ti queres entrar na puxa non o dubides máis , invirte na LNB!!

Non quedes co cu ó ar , invirte na LNB!!
ovaral@hotmail.com Posted by Picasa

sexta-feira, setembro 23, 2005

VOLTA A EMOCIÓN.......

Xa case todo está preparado para que a billarda salte polo ar, atentos á pantalla porque para a semana que ven a LNB xa vai anunciar data, hora e lugar para a desputa do " III TORNEO APERTURA" .
XA NADA É IMPOSÍBEL!!

TÍRATE NA POZA DA LNB!!Posted by Picasa

quinta-feira, setembro 22, 2005

LUME NOS BANQUIÑOS

Dende a LNB seguimos moi de preto as evolucións do ex-xogador do Compostela Nacho que ista tempada debutaba coma adestrador nos banquiños do país dirixindo ó equipo da súa vila natal. O Foz arrincou moi mal , cunha plantilla moi xoven e inexperta na rexional preferente Nacho tiña que facer fronte ós obxectivos marcados pola directiva para manterse na categoría, nun acto inesperado por todos nós , o lateral mariñán decidiu por terra por medio e deixar paso para que outro arranxe a desfeita despois do último 5-0 colleitado polos seus pupilos. Nacho que para o Varal era e é o candidato axeitado para dirixir á selección galega de futbol no seu próximo debut , dá un paso atrás no seu intento de abrirse camiño nise difícil e complicado camiño dos adestradores de futbol. De tódolos xeitos sabe Nacho que segue contando coa nosa admiración e que ten as portas abertas da LNB tanto para adestrar unha franquicia coma para coller o palán e botarse á pista. Outra selección é posible!!

Nacho ó banquiño da selección!!

VALORES DA CANTEIRA

As principais franquicias da LNB apuran ós seus delegados técnicos para que pechen as fichaxes ante o inminente comezo da SuperLiga de billarda-LNB, o prazo para peche de tratos está marcado para o 15 de outubro ás 00:00 horas. No varal xa podemos confirmar que o palanador Adrián formado na canteira dos PetaPouco vai pasar a formar parte da EkipA SaFaRi , iste xove palanador vai ser xunto con Marta palanadora que pertenceu á disciplina dos Caimaneiros de Ribadeo as grandes apostas de futuro para unha franquicia que confía plenamente nos novos valores LNB e non se obscina na fichaxe de palanadores veteranos e de renome.

A xuvetude e a furia son as frandes armas da EkipA SaFaRi

segunda-feira, setembro 19, 2005

REFORZOS NO VARAL

A redacción do varal ó igual que as principias franquicias da LNB necesita reforzarse para afrontar con garantías o reto da cobertura informativa da espectacular SuperLiga 2005-06, Fram é a nova incorparación que vai asumir o reto de contar con pelos e sinais o acontecer dunha competición que se espalla entre a sociedade galega e mundial coma o lume na herba seca. Seleccionado por Ismael para a selección parroquial de San Cosme , Fram vai combinar a súa actividade coma palanador nos Petapouco coas funcións de producción en TELE-VARAL que xa viña asumindo dende a creación diste ente independente e agora ó unirse á redacción diste medio vai por a guinda á súa meteórica carreira coma comunicador , benvido Fram á redacción do Varal!!

Fram é a gran fichaxe da redacción do Varal para poder cubrir con garantías unha competición que cada día acada maiores cotas de audiencia e popularidade , XA NADA É IMPOSIBLE!!
 Posted by Picasa

sexta-feira, setembro 16, 2005

A CANTINA DA LNB

Hoxe recuperamos no Varal ese espazo de conversa chamado A Cantina da LNB. Con nós, apoiado na barra, temos a Aitor, mentor da franquicia máis potente do Sur da Galiza Os Palán-Ganas de Vigo que está a pór en serios apretos aos combinados norteños para lograr continuar coa súa hexemonía na competición máis espectacular do mundo, é dicer, a Liga Nacional de Billarda (LNB).

- Aitor, benvido á nosa Cantina e dinos, o vermut branco ou escuro?
Branco, sempre. Se pode ser, acompañado dunha boa tapa de orella.

- Con gotas de xenebra e un pouco de sifón?
Mellor só, sempre é máis transparente.

- Como decidiches entrar neste universo de billardas polo ar?
Vin a vosa bitácora e pensei: esta pode ser unha boa oportunidade de coñecer a máis palanadores/as. é unha afección que sempre levei dentro mais que nunca puiden practicar porque non había en Vigo ningunha posibilidade.

- Ves no xeito de competición da LNB unha forma de estender e normalizar o noso deporte?
Eu nunca xogara con estas normas, e parécenme algo reducionistas. Creo que é estupendo que teñamos unhas regras xerais, pero paréceme importantísimo que existan todas as variantes de cada lugar. Obviamente, alén dos torneos da LNB seguirei xogando e espallando as normas e regras que aprendín de novo, pois creo que só así sobrevivirá a billarda. As innovacións posteriores non impedirán que a tradición permaneza.
 Posted by Picasa

- Fuches o gañador do torneo de peche da tempada pasada, é verdade iso que din que cando un acada un título LNB é coma se tocara a ceo?
Exactamente. Fun moi feliz e quero brindar a miña vitoria a todos os afeccionados e afeccionadas que apostaban por min. Non sei se poderemos repetir estes éxitos, pois un segundo posto e un campionato en dous torneos consecutivos, sendo a nosa primeira tempada, é difícil de superar...

- Nese último torneo houbo polémica coas billardas utilizadas, a LNB xa avisou que nos seguintes campionatos vai ser tallante neste respecto para garantir a uniformidade nos materiais utilizados, como ves todo isto?
Paréceme estupendo que haxa unhas medidas regulamentarias. Nós sempre as cumprimos. Alén diso, dende os Palán-Ganas seguiremos apostando polas billardas e paláns feitos a man, con machada e navalla. Cumpriremos a normativa e daremos a talla, mais sempre buscaremos a orixinalidade. Agardemos que o material sexa revisado ao comezo dos torneos e que non haxa suspicacias por parte doutros equipos.

- Xa sabes pola nosa publicación que os Petapouco se reforzaron e que a EkIpA SaFaRi entra en competición con palanadores moi reputados entre as súas filas. Coméntalles a todos os afeccionados e afeccionadas dos Palán-Ganas como vos preparades para esta durísima e espectacular Super Liga de billarda LNB 2005-06?
Este ano será un ano de transición para os Palán-Ganas, pois temos moitas novidades na nosa formación. Non vai ser un ano sinxelo. Hai moitos debutantes e non temos moitos medios para os desprazamentos, mais tentaremos cumprir. A última nova, que comento en exclusiva para todos os afeccionados do Varal, é que vou probar sorte no estranxeiro. Hai varias franquicias alemás que andan tras os meus pasos. Aínda que non abandonarei a formación dos Palán-Ganas, é probábel que non poida desputar moitos encontros nesta tempada. Apoiareivos dende Tübingen, onde vou impartir unhas leccións teóricas e prácticas sobre a billarda e, quen sabe, se cadra organizamos o primeiro torneo internacional con equipos galegos e alemáns.

 Posted by Picasa

-Sabemos no Varal que non perdestes o tempo e este verán estivestes facendo a pretempada ás ordes dese mito do deporte da Billarda que é Anacleto, fálanos un pouco deste impresionante enxeñerio de billardas e delineante de tácticas.
Ben, esta era a nosa arma secreta. Foi unhas pretemporada dura, mais estivemos retirados nunha aldea secreta, no fermoso concello de Sober, preparando os materiais e as tácticas que empregarán os Palan-Ganas este ano.

- Ben, jefe!!cóbrame estes dous vermuts... e para rematar, Aitor, dinos un favorito ou favoritos para acadar o título da Super-Liga, é dicer, o xogador máis regular que máis puntos acumule durante os torneos da tempada. Puntúan os oito primeiros nun sistema de competición similar ao da fórmula 1, a quen ves coma campión?
Non creo que haxa un fovorito claro. Os equipos reforzáronse moito e van andar moi igualados. Os Petapouco demostraron que eran moi fortes, pero hai que ver como comezan o curso. A equipa Safari poder dar a sorpresa, pero sempre co permiso dos Palán-Ganas, que tentarán estar aí.
Moitas grazas pola entrevista e apertas fondas para todos os membros do Varal.

 Posted by Picasa

segunda-feira, setembro 12, 2005

LNB GRAFFITI

A nosa pequena e modesta redacción está botando fume por mor da gran afluencia de comentarios dos palanadores e palanadoras que decididamente se tiraron ó monte sen rozar que é O Varal para deixar constancia escrita das súas impresións sobre o inminente comezo da SuperLiga de billarda- LNB. Aledámonos de que todos os xogadores e afeccionados vaian espetando no noso muro os seus estalos de paixón, especialmente orgullosos estamos pola presencia na web da gran estrela diste deporte das marxes , Ismael “O Zidane da billarda” entrou no rondo para facer fronte ás verbas dos palanadores da EkipA SaFaRi , isa espectacular franquicia que vai debutar ista tempada na LNB e que vai tentar acaparar os titulares de prensa , radio e televisión a partires do 16 de outubro, fecha que se perfila para o arranque da tempada 2005-06 de billarda –LNB. Palanadores e palanadoras!! Pintade as paredes do Varal cos vosos sprais , acendede a chama e presentádevos ante o mundo coma palanadores e militantes da filosofía da LNB!!

Sacude o sprai e deixa a tua mensaxe na parede do Varal!!
 Posted by Picasa

segunda-feira, setembro 05, 2005

AFIANDO AS BILLARDAS

Simplemente impresionante!! A SuperLiga de billarda-LNB está causando furor entre os palanadores e palanadoras da LNB que acolleron cos brazos abertos e en alto ista gran idea que o colectivo que forma O Varal disparou para dotar de maior competividade e intensidade os distintos torneos que ó longo da tempada regular a asociación deportivo e cultural organiza por todo o teritorio galego.
Paláns de 60 cm e billardas de entre 18 e 25 cm e cun grosor ambos de 2,5 a 3 cm son os elementos regulamentarios cos que se vai competir nista espectacular liga nacional de billarda, calquer palanadaor ou palanadora que incumpra ista normativa será automáticamente eliminado do torneo no que se presente con material deportivo non homologado pola LNB. Cando á redacción do Varal cheguen os sistemas de puntuación en cada campionato e a data do primeiro gran Torneo válido para a SuperLiga 05-06 porémolo a disposición de todos vós, sabemos que se está a traballar moi duramente dende a LNB para que todo sexa o máis axiña posible!! Atentos á pantalla porque o gran espectáculo da billarda-LNB está a punto de dar comezo!!

A LNB traballa a reo para preparar toda a infraestructura da SuperLiga 2005 -06 Posted by Picasa