O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, julho 27, 2005

O MUNDIALIÑO DE BILLADA-LNB

A selección de Celeiro de Mariñaos impúxose nun espectacular e disputadísimo partido polo I trofeo Santa Cristina de seleccións parroquiais ó combinado de Barreiros que non puido facer fronte en ningún intre ó furacan de xogo dos homes adestrados por un ismael “ O Zidane da Billarda” que ó remate do encontro na sala de prensa do multiusos de Celeiro calificaba de xeito moi positivo a tarefa dos seus pupilos e pupilas. Iste campionato foi a gran antesala do importantísimo torneo de Seleccións Parroquiais que con motivo das festas do Conde Santo en Lourenzá o domingo 27 de agosto a LNB e a A.C.D O Varal están tratando de formalizar. Inscribe á túa parroquia niste torneo de seleccións, cada combinado consta de 6 palanadores ou palanadoras, fai que a túa voz e a dos teus se oia a nivel internacional!! ovaral@hotmail.com

Ademais de cumprir coa tradición de meter o dedo no sepulcro do Conde Santo e de bailar ó son dos Cocos polas rúas de Lourenzá iste ano os milleiros de visitantes das festas do Conde Santo van ter a oportunidade única de asistir a un mundialiño de seleccións parroquiais de billarda, imperdíbel!!

quinta-feira, julho 21, 2005

SUPER-TORNEO DE SELECCIÓNS

O sábado 23 de xullo a comisión de festas da Santa Cristina en colabiración coa LNB organiza o gran torneo de seleccións parroquiais que vai enfrontar ás escadras de Celeiro de Mariñaos contra Barreiros , a partir das 8:30 da tarde podes desfrutar do gran espectáculo da billarda-LNB animando á túa selección ou simplemete sendo un tifose máis dos milleiros que seguro se dan cita na pista central de Celeiro de Mariñaos donde a continuación do gran torneo os espectadores e máis os palanadores e palanadoras das dúas seleccións poden combater a fame cunha gran sardiñada que organiza a comisión de festas.Miller a gran promesa do béisbol Cubano vai vestir a camiseta da selección de Celeiro de Mariñaos nun transito apaixoante dende o bate deica o palán que pode facer diste guajiro da zona unha auténtica estrela da LNB, Celeiro conta ademáis coa mítica figura extraida do futbol inglés , Ismael “ o Zidane da billarda “ colle sobre os seus hombreiros o máxima responsabilidade de dirixir e xogar na selección de Celeiro que xunto con istes dous grandes palanadores conta entre a s súas filas coa xove promesa LNB Cristian, Antonio, e os experimentados Gines e Manuel de Ledo son os 6 escollidos por Ismael para defender as cores de Celeiro. Na selección de Barreiros destaca sobre todo a presencia do xa xogador oficial da Equipa Safari, Toño iste magnífico palanador vai entrar nun combinado dominado pola presencia de paladores dos Petapouco , Servando, Ana, Fran , José Manuel e David completan a formación da selección de Barreiros. Antes diste gran torneo producirase o enfrontamento nun campionato xuvenil entre a selección de Celeiro contra o resto do mundo.
Non te quedes sen selección!! Viste a camiseta da túa parroquia e diríxete á LNB para buscar contrincantes , entra de cheo nos desafíos interparroquiais da LNB!! ovaral@hotmail.com

SELECCIÓNS PARROQUIAIS XA!!

segunda-feira, julho 18, 2005

DIEGO COA REVOLUCIÓN LNB!!

Milleiros de correos e chamadas colapsaron a pequena centraliña do Varal que se viu por intres indefensa ante a auténtica avalancha de felicitacións para a directiva e xogadores da nova franquicia a concurso na LNB, A Equipa Safari está a despertar unha tremenda expectación ante os milleiros de afeccionados á billarda –LNB que non queren perderse por nada o debut dista franquicia en competición oficial. De todas as mensaxes temos que destacar a que nos chega dende Cuba, concretamente dende o clínica de desintoxicación Censam dende onde Diego Armando Maradona nunha emocionada locución desexou o mellor para toda a Tribo Safari , do mesmo xeito que el sinte a camiseta da selección arxentina ou do Boca así e como teñen que sentirse os xogadores da Equipa Safari cada vez que pisan a cancha. Dende o Varal aledámonos enormemente de que o “barrilete cósmico” xa esteña totalmente recuperado e que a súa estancia en Cesam sexa só unha visita de cortesía , Diego aínda que agora mesmo manten unha conflictiva relación co seu exrepresentante Guillermo Cóppola , sabe que iste é quen leva os asuntos de moitos dos palanadores e palanadoras que están na orbita de Equipa Safari.

diego falou polo miudo coa enviada especial do Varal a Cuba , o Pelusa sabe que na LNB se lle quere enormemente , xa nos felicitara por aquel mítico cartel do Torneo de Apertura celebrado en Celeiro de Mariñaos no que a LNB tomou a súa imaxe de cando era xogador do Nápoles. Diego agarda que o primeiro torneo da Santa Cristina que enfronta á selección de Celeiro de Maiñaos contra a selección de Barreiros sexa un gran exitazo ,a micro pechado lamentouse por non poder estar presente o sábado 23 de xullo ás 8:30 da tarde no campo da festa de Celeiro para celebrar con todos nos iste importantísimo evento. Moitas grazas Diego , agardamos verte moi pronto con nós!!

sexta-feira, julho 15, 2005

O VARAL DE VERÁN

As suores do verán e o estrés acumulado fan que irremediablemente teña que pillar unhas coido que merecidas vacacións. Nista pequena tempada de descanso non pensedes que o Varal vai pechar as súas portas, iso nunca!! , deixo a tarefa da coordinación de edicións en moi boas mans, vai ser miña avoa!! a que se vai facer cargo de todo o Varal polo que pídovos que peguedes os fuciños á pantalla porque xa estamos cansos de sanedrins e técnicos que se cren os reis do mambo, entra no Varal e coñece o espectacular mundo da Billarda-LNB.
VAI TRABALLAR MIÑA AVOA!!

quarta-feira, julho 13, 2005

UN SAFARI NA GRAN SELVA DA LNB!!

Istes días a redacción do Varal anda a ser un auténtico fervedoiro, pichóns extenuados que chegan cargando cartas ó lombo con recursos , réplicas e contraréplicas, a preparación da viaxe a Verona da selección LNB , o mercado de fichases diste verán que anda totalmente tolo , franquicias en xira en orinte medio , concretamente en Turquía onde os Palán-Ganas de Vigo van facer a preparación para iniciar a que se presenta coma espectacular tempada de billarda-LNB 2005-06, ademáis dous dos principias protagonistas das cartas de protesta dos petapouco Xermán e Vicente ambos palanadores de Lourenzá que xunto co Palán-Gana Aitor sufriron as queixas dos palanadores de Barreiros por posible manipulación de billarda, son xa as grandes fichaxes da nova franquicia LNB “A Equipa Safari” , poida que a carta de reconciliación remitida dende os despachos dos Petapouco para calmar as augas e anular os recursos presentados polo torneo da Billarda de Verán teña que ver coa inminente incursión dista franquicia que ameaza xa seriamente algún dos seus palanadores, con propietario Ruso “A Equipa Safari” está sendo considerada xa coma o Chelsia da LNB polas cifras astronómicas coas que está dinamitando os ate agora blindados contratos das grandes estrelas da liga de billarda máis importante do mundo, as clausulas de rescisión non son impedimento para iste Abramovic da billarda que quere converter á Equipa Safari no referente universal diste espectacular deporte, A Equipa Safari, señorío, solidaridade, respeito ó rival e sobre todo ansia de victoria e identificación absoluta coas tres cores da bandeira galega son as señas de marcan a ista nova franquicia LNB que máis ca unha equipa xa se consederan unha tribo.

Simplemente impresionante!! Xermán sostendo o Galo da LNB e Vicente o Beckham da ponte da pedra son as dúas primeiras incorporacións ó gran proxecto da Equipa Safari, unha nova franquicia que entra en competicion na tempada 2005-06 e que xa ten apalabrada a incorporación nas súas filas de grandes palanadores da LNB que serán presentados moi proximente a todos os afeccionados da Equipa Safari.

segunda-feira, julho 11, 2005

WOMEN ON TOP

A LNB réndese ante o poder feminio, unha competición polo intre dominada polos palanadores pode que para na próxima campaña as mulleres da liga rompan con ista hemonía que xa en varios campionatos se víu ameazada. Dende o Varal animamos a todas as mulleres da Galiza e do estranxeiro a que collan o palán se acheguen ó campo de xogo nunha competición mixta, na que loitan en igualddade de condicións por acadar o máis alto no podium de cada torneo.
unha moi posíbel fichaxe dos Petapouco de Barreiros.

quinta-feira, julho 07, 2005

O PICHÓN DA LNB

Absolutamente espeluznante é a carta recibida na redacción do varal., primeiro pola súa extensión e despois polo seu contido. Dende Barreiros se remite ista carta asinada po D. David Díaz López e respaldada por D. Ismael Cabana Rivas , presidente da A.C.D O Varal , coñecido tamén polo apelativo de O Zidane da Billarda.
O Pichón da LNB nun intento por levar a carta dende Barreiros á redacción do Varal , victima do sobrepeso ó que os palanadores dos Petapouco someteron ó noso gran atleta do ar tivo que parar na recta de Celeiro de Mariñaos por mor do esgotamento. Celeiro á que algúns chaman terra de mangantes, conta con xente moi solidaria e activa que contradice totalmente a anterior afirmación, e un foi precisamente un gran traballador e amigo do Varal R.L I quen recolleu o pichón da LNB para deixalo xunto coa carta na redacción máis imposible de todas cantas emiten en dixital , en audio e en papel.
Despois de alimentar ó noso amigo de Celeiro e máis ó pichón que agora mesmo está a reporse no Pombal xunto cos demáis atletas do Dinamo do Castro, abrimos a carta e dispuxémonos a ler a mensaxe desafiante emitida dende a sede dos Petapouco.

O pichón da LNB chegou totalmente extenuado á redacción do Varal polo peso da extensa carta.

AUGAS TURBAS

“ Ismael Cabana Rivas foi obrigado a cambiar de billarda no torneo de inverno celebrado en Cabarcos por diferencias técnicas da billarda en comparación coa billarda oficial da LNB e notificando que non existe ningún impedimento en participar con outros modelos de billarda en torneos que non esteñan baixo a LNB, pero nunca se permitirá usar billardas coma a de Vicente de Lourenzá e a de Aitor de Vigo por non estar recollidas no regulamento oficial e sabendo que ambos xogadores son conscientes do mesmo e ademáis en cada torneo encóntranse as regras a disposición dos participantes” . Son as verbas literais recollidas da extensa carta remitida por David e Ismael ambos palanadores dos Petapouco de Barreiros que ó final da mesma mandan unha copia do regulamento LNB no que se marca claramente que” a medida oficial da Billarda LNB ten que estar entre os 25 e 18 cm. de longo por un groso de entre 2,5 e 3 cm. de diámetro” De tódolos xeitos é ben curioso que sexa agora cando os petapouco se indignen, Aitor xogou a final de Celeiro coa mesma billarda e palán e nadie dixo nada, nun torneo do 2003 Carlos, palanador de Lourenzá utilizou un palán de gancho ó estilo portugués e nadie dixo nada, ahí a LNB foi flexible,igual foi porque no primeiro caso David gañou o palán de primavera e despois Ismael gañara o seu primeiro palán de ouro , puido ser que a ledicia dises intres cegara os avispados ollos do domingo día 3 en San Cosme de Barreiros. Dende a redacción do varal pedimos cordura .
as billardas foron as protagonistas no Torneo de San Cosme de Barreiros, incluso se pode falar de elementos tunning na pista central do San Bartolo.>

segunda-feira, julho 04, 2005

CRÓNICO "II BILLARDA DE VERÁN" 3-7-05

Ipresionante o aspecto da pista central do San Bartolo en San Cosme de Barreiros que recibiu nunha tarde moi agradable para a práctica da Billarda ós grandes do deporte LNB. A masiva afluencia de palandores e palanadoras fixo que os catro grupos se compuxeran de 6 xogadores , polo que a Billarda de Verán tivo como posibles titulares 24 aspirantes que ollaban de esguello para o trofeo situado a pé de pista.
A eliminatoria nos grupos troixo a desilusión ás filas dos petapouco de Barreiros que vían como a súa máxima figura , Ismael “O zidane da Billarda” non atopaba a inspiración doutras tardes gloriosas, continuos fallos desesperaban a iste gran palanador que non puido resistir a presión que a alta competición imprime ós deportistas de élite.
Xoan da franquicia de cabarcas tamén se desfondaba e quedou forra de loita polo título que despois das eliminatorias de cuartos deixou un espectacular cadro de palanadores que ían loitar sen tregua por acadar a billarda de Verán. Xermán dos fungueiros de Lourenzá tentaba amarrar de novo o título que acadara na edición do 2004 pero un inspiradísimo Aitor da franquicia viguesas dos Palan-Ganas non deu lle opcións e entre os raios de sol da pista central de San Cosme colouse na gran final, David enfrontábase a un recuperado Vicente , O Beckham da ponte da pedra competía cunha pecular billarda que foi o murmuio dos parcipantes pola súa posible ilegalidade, mais Vicente caeu ante o poderío do golpexo de David dos Petapouco. Repetíase final de Celeiro de Mariñaos, Aitor, o palanador Vigués utilizaba unha billarda que xa ven utilizando dende o seu debut na LNB pero a polémica iniciada polo material utilizado por Vicente de Lourenzá semellaba que podía afectar a iste gran palanador do sur da Galiza. Alleos a todo isto , a final iniciose con concentración máxima por parte dos dous competidores, Aitor nunha moi inspirada tarde logrou acadar o seu primeiro trofeo LNB levando para Vigo a billarda de Verán.
Comunicamos que á redacción do Varal xa chegaron apelacións ó resultado final diste polémico torneo de San Cosme de Barreiros pola utilización de billardas non homologadas polo regulamento da LNB. Atentos á pantalla porque a polémica está servida.

Aitor , o palanador Vigués sostén emocionado o Trofeo que o acredita coma gañador da II Billarda de Verán.  Posted by Picasa