O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, maio 31, 2005

CRÓNICO: II SUPER-PALÁN DE PRIMAVERA

NODO: Iste campionato das Terras de Celeiro marcou a antesala do gran acontecemento que a Liga Nacional prepara para o día 12 de xuño , O Super Torneo que a LNB vai organizar no concello pontevedrés de Meaño para o que xa está preparada a “guagua da LNB” , autobús no que a LNB que vai transportar ó palanadores e palanadoras da mariña , Disfrutade sen atragantarvos distes quesitos cinematográficos nos que se divide o crónico do Super-Palán de primavera disputado en Celeiro de Mariñaos o 29-5-05 e moi atentos á xogada porque a billarda e a filosofía LNB espállase polo mundo coma o lume na herba seca.

Intres previos ó inicio da competición
 Posted by Hello

LNB STAR WARS

Co medo no corpo pola chuvia da mañá a LNB como fai sempre, desafiou os elemetos e preparou toda a infraestructura necesaria para que a partires das 16 horas o coliseum de Celeiro de Mariñaos lucira as mellores galas para recibir ós palanadores e palandoras chegados de toda a Galiza e de Europa que ían disputar o Super- Palán de primavera.
Moita expectación rodeou iste torneo no que se agardaba a confirmación definitiva de Ismael "O Zidane da billarda" que no anterior torneo disputado en San Pedro de Benquerencia arrasou literalmente con todos os seus contrincantes, cal ía ser a resposta das outras franquicias ante a supremacía dos Petapouco de Barreiros? .
Moitas preguntas para unha tarde que se prevía intensa, Celeiro xa acollera con anterioridade un torneo LNB pero daquela un diluvio inmenso desluciu a disputa do campionato , por primeira vez no ano o sol facía acto de presencia e iluminaba as ilusionadas facianas dos competidores que se preparaban para loitar sen tregua polo Super – Palán de primavera.

A élite da billarda europea deuse cita no Coliseum de Celeiro para a disputa do II Super-Palán de primavera.
 Posted by Hello

A LARANXA MECÁNICA

A presencia no campionato de palanadores locais , como foron o veterano xogador Gines e mais o seu neto Cristian pertencentes á franquicia dos Marinos de Celeiro . animou de xeito salientábel o ambiente entre os siadeiros que seguían con enorme intensidade as evolucións dos seus palanadores , dende Vigo reaparecía a franquicia albiceleste capitaneada por Aitor , iste palanador xa demostrou na terra batida da Tilleira que a billarda para el era algo máis ca un pasatempo, e en Celeiro reafirmouno chegando case a tocar o triunfo coa punta dos dedos , de non ser porque David estaba en racha de seguro que Aitor, ise Vlado Gudel da billarda situaríase na final para disputar o Super-Palán de primavera.

Aitor da franquicia albiceleste demostrou no cemento pulido de Celeiro unha gran progresi�n no seu xogo. Posted by Hello

GRUPO SALVAXE

O torneo estivo dividido en catro grupos de catro xogadores cada un , destacaba sobre todo o grupo A integrado na súa totalidade por palanadoras que amosaban así a puxanza das mulleres no deporte da billarda , reaparecía Teresa que facía varios campionatos que non collía o palán para enfrontarse coa súa compañeira Ana, completaban iste grupo as dúas palanadoras da Franquicia Albiceleste, Asunción e Sophie , ista última xogadora bretona que se achegou a Celeiro de Mariñaos disposta por acento bretón ó Super-Palán de primavera. No grupo B ismael batíase cun potente palanador local, Gines apoiodo polo seu público tentaba porlle a cousa difícil a dous grandes da LNB como son Servando e O Zidane da Billarda, no grupo C Angel o palanador de san Xusto e Vicente O Beckham da ponte da Pedra pasaron por riba de un pouco inspirado Toño e unha frouxo Ana dos Fungueiros de Lourenzá., no grupo D emerxeu de xeito espectacular unha nova estrela do deporte da billarda , entre os golpexos de David, Aitor e o seu compañeiro de franquicia e irmán Hadrian , saíu un xovencísimo palanador local chamado Cristián que puxo pes para riba a competición niste ferbedoiro que se convertira o Coliseum de Celeiro, por pouco non pasou rolda, Cristian pagou a novatada pero seguro que logo o imos ver entre os galácticos diste deporte.

Cristian demostrou en Celeiro de Mariñaos que é unhas das firmes promesas para triunfar na LNB.
 Posted by Hello

ASALTO Ó SUPER-PALÁN DE PRIMAVERA

Os cuartos amosábanse apaixoantes, Servando unha vez máis presentaba a súa candidatura para o título ó batir a Ana dos Petapouco e Ismael seguía recto hacia o título deixando fóra á Mary Pierce da billarda, Sophie tentaba golpexar a billarda co ímpetu da tenista gala pero ante O Zidane da billarda en plena racha pouco se pode facer para evitar o apeadoiro , David e Aitor desfixéronse Vicente e Angel respectivamente e enfrontábanse nunha carreira fraticida para colocarse na final, quizais o pouco tempo de aclimatación que Aitor tivo despois dunha longa viaxe para achegarse a Celeiro fixo que os seus golpexos perderan eficacia niste tramo decisivo do torneo polo que David, famento de títulos non deu apción e rematou por apear ó palanador estrela do sur da Galiza, Servando de novo caía ante a maxia de Ismael que na súa casa e ante o seu público quería revalidar a credivilidade adquirida coa victoria do Palán de Ouro.

Sophie, a palanadora bretona tentou dar a sorpresa no Super-Palán de primavera.
 Posted by Hello

segunda-feira, maio 30, 2005

SEN PERDÓN

Celeiro da Mariñaos foi esceario dun auténtico duelo dos que fan historia, dous grandes mitos da LNB fronte a fronte de novo nunha final dun torneo Grand Slam. San Pedro de Benquerencia deixou a David co alento cortado ante o Varado de Ismael que se levou o Palán de Ouro, pero sobre o cemento pulido de Celeiro, David non estaba disposto a deixarse sorprender de novo. Despois dunha loita a cara de can para pasar as previas os dous palandores dos Petapoco chantáronse na final confirmando así a supremacía actual da cor vermella na competición . Ismael “ o Zidane da billarda” estaba disposto a apretar o gatillo e liquidar dun só golpe ó seu oponente , pero ista vez non puido ser así, David soubo agradar e realizou unha magnífica tarxeta nista derradeira carreira para co par da pista é decir, con tres golpes poder tumbar a un Zidane obsesionado con acadar a victoria cun único golpe, de feito a pista de Celeiro foi un clamor ata o último suspiro da final na que os milleiros de afeccionados padíanlle ó seu ídolo “O Zidane da billada” que repetira o Varado acadado no campionato anterior. Non puido ser, David defendeu con uñas e dentes o título que ostentaba dende o ano pasado e voltou a levar o Super-Palán de Primavera para a súa vitrina particular. Noraboa David , seguiremos de perto as evolución diste galáctico de San Xusto.

David, palanador dos Petapouco de Barreiros , asina autógrafos á multitude enfervorizada que o aclama coma vencedor do Super-Palán de primavera.
 Posted by Hello

sexta-feira, maio 27, 2005

FRORES E BILLARDA

As mellores orquestras do pais desfilaron polo palco que preside a pista de cemento pulido de Celeiro de Mariñaos , iste domingo 29 de maio a partir das 4 da tarde podes ser ti o elexido ou elexida para crear a B.S.O do "II Super-Palán de Primavera" , o Torneo que popularmente xa se coñece coma o Torneo das Frores, a LNB tórnase hippy e viste as túnicas de cores psicodélicas para recibir ós palanadores e palanadoras de todo o mundo. Todo está preparado para iniciar o gran festival da billarda , colle o makuto e achégate a Celeiro.
Outro woodstock é posible!!

O Woodstock da billarda celébrase en Celeiro de Mariñaos. Posted by Hello

terça-feira, maio 24, 2005

CAMARADA VACA

O subcomediante H , responsable máximo da VA-CA ( Vía Anti-Colonial Activa) entrevistou de xeito totalmete clandestino e acochado nunha tobeira de raposo para evitar as filtraccións e os pinchazos , ó palanador e músico das marxes Xermán Viluba. Entre os codesos, nun punto non identificado dun monte galego , falaron e reflexionaron istes dous proscritos da cultura oficial.
Reproducimos ista entrevista por xentileza de VA-CA news, / www.VA-CA.org

VA-CA news, lástima de bois!! Posted by Hello

FACE A FACE

O subcomediante H entrevista ó coordinador do Varal
-- Que fai um rockeiro como Xermán Viluba num campionato desportivo de
máximo nível como a LNB?
Sempre me sentin un intruso, intruso nos escearios e intruso nas pistas de xogo.

-- Se Massachusetts foi o berço do basket, podemos afirmar que o vale do
Masma é a meca da bilharda?
Nos xogos panamericanos celebrados en Cali ( Colombia) no 1971 Cuba quedou excluida , a teima dos deportistas e dos seus dirixentes fixeron que un porta-avións convertido en ximnasio levara ós atletas da illa a esixir a presencia no campionato, Cuba puido competir e gañou na final de beisbol ó equipo de Estados Unidos . A ilusión e as gañas de combatir o pensamento único é o berce que deu lugar á LNB.

-- Existem perspectivas para que a LNB estenda os seus tentáculos mais além
de Vilamartim Grande?
O nacemento do noso voceiro en internet O Varal, fixo posible que moita xente tanto da galiza coma do mundo se achegase á LNB e á súa filosofía , Lourenzá e Barreiros foron os concellos que acolleron de xeito exclusivo os primeiros torneos de billarda LNB, mais iste 19 de xunio despois de ano e medio disputando campionatos nises concellos do norte lugués , Meaño na provincia de Pontevedra vai ser sede dun torneo LNB, polo que tod@s estades convidados á gran festa da billarda na pista das Angustias a partir das 4 da tarde. Por outra banda na cidade Italiana de Verona no mes de setembro dispútase o III Torneo internacional de Billarda ó cal a LNB vai mandar unha delegación para enfrontarse a equipas Italianas , slovenas , croatas.......

-- Quais estám a ser as franquias e individualidades mais destacadas da LNB?
Existem já os galácticos da bilharda?
Falar de billarda LNB é falar de Ismael “O Zidane da Billarda” , un auténtico mito nas pistas de xogo , pertence á franquicia dos Petapouco de Barreiros que xunto cos Fungueiros de Lourenzá e os Caimaneros de Ribadeo polo de agora dominan a competición,

-- Estám já avondo definidos os aspectos técnicos e normativos do nosso
desporto?
Totalmente, a nosa é unha competición con regulamento pechado na que existen uns árbitros que dirixen os torneos, resumimos séculos de golpexos da madeira contra a madeira para facer unhas normas capaces de producir un deporte dinámico e espectacular que respondera ás necesidades da sociedade do século 21. Calquera pode ser tetigo disto que digo achegándose as pistas de xogo ou visionando o documental LNB , outro deporte é posible!! que os nosos amigos de elfarero.com produciron de xeito xenial.

-- As fotos que aparecem no vosso boletim electrónico O Varal amostram
jogadores bem mantidos e de idade... ehem.... avançada. Como vai o relevo
generacional no mundo da bilharda? E a incorporaçom da mulher palanadora?
Os loitaodres de sumo no xapón son todo uns sex-simbol, os atletas de alterofilia en turquia ou en hungría resultan tremendamente suxerentes e as marcas comercial apostan por eles , cada pais marca uns parámetros que dun xeito absurdo todos asumimos coma bos, penso en Pantani por exemplo ise ciclista tan fotoxénico que morreu de sobredose coma un can doente na cama dun hotel , victima de qué? Víctima dos excesos da alta competición e da estupidez.
A LNB é unha competición mixta na que as mulleres compiten en igualdade de condicións que os homes, polo de agora non tivemos ningunha muller gañadora de torneos pero si finalistas.

- Também podemos observar a fúria que caracteriza a torcida do nosso
desporto nacional. Vam adoptar-se medidas para prevenir acçons violentas nos
próximos campionatos?
Ser socio dun clube de futbol de alto nivel implica un importante desembolso económico para un traballador medio, mentras ise traballador está na cama descansando ises xogadores polos que sufre e ós que lles dá parte da súa suor , disfrutan da noite emborrachádose e indo de putas, en colombia o outro día viuse como martaban a navalladas a un afeccionado, e istes días uns afeccionados do atlético de Madrid tentaron linchar ós xogadores nun adestramento, qué carallo pasa? Tan raro é que alguén se achegue a un campo de billarda e participe da festa e da emoción herdada de tantos anos de sufrimento.

-- Fala-nos de Fernando de Recemil. Som certas as bisbilhotices que falam
dele como o primeiro seleccionador nacional de bilharda?
Fernándo enfróntase ó reto máis importante da súa vida deportiva, diseñar a primeira selección galega en competición oficial, catro son os palanadores que o noso seleccionador ten que convocar para disputar o torneo internacional de Verona

-- Aspira a bilharda a substituir o futebol em todas as suas dimensões?
Veremos palanadores metrossexuais fazendo anúncios para Gucci?
Agardo que ningún palandor ou palanadora poida apoiar marcas que dun xeito reiterado explotan xente , incluso nenos na elaboración dos seus productos. O futbol é só un producto mediático igual que o basket o foi fai uns anos ou agora a fórmula 1 acapara a atención dos afeccionados, as tendas de roupa venden milleiros de camisetas de pilotos de coches e de motos , estou seguro que se un medio aposta por nós os rapaces e rapazas mercarían encantados as camisetas dos seus ídolos LNB, polo de agora non se quere o que non se coñece.

-- O próximo encontro marcado pola LNB é o “II Súper-Palao de Primavera”, a
celebrar em Celeiro de Marinhaos (Barreiros) o próximo 29 de Maio. Quais som
as perspectivas?
Nunca se pode saber de antemán que vai acontecer nun torneo LNB, cando Celeiro acolleu anteriormente un torneo LNB un diluvio caeu sobre a pista de xogo, ningún palanador nin palanadora pediu a suspensión, mollados pola carraxe!!

-- Obrigado por atender o repórter das VA-CA News. Queres dirigir-te aos
nossos leitores?
A música na galiza e a cultura en xeral está a perder moitos espacios, salas nas que antes se podía escoitar grupos en directo pasáronse ó espectáculo pseudo-sexual dos boys e das go-gos , fai un mes na sala O Recreo de Lourenzá espectáculo de go-gos nunha festa que patrocinaba unha coñecida marca de bebida alcoholica, noutro local de Burela actuación de boys , nos carteis aparecían uns tíos musculados tapando os collóns coas mans e en Ribadeo un coche con altofalantes anunciaba un show lesbico de “dos chicas dándolo todo”. O domingo 24 de marzo polas 15:30 da tarde diríxome hacia a pista de San Pedro de Benquerencia para a disputa do “II Palán de Ouro” absolutamente concentrado para tratar de facer un bo papel nun dos torneos mais importantes da LNB, pasando a gasolineira da Debesa hai unha explotación con vacas, dun xeito mecánico torcín a ollada cara elas e vexo no medio do grupo de animais unha vaca que monta noutra tratando de loitar contra os quentes opresores , pensei de contado no que escoitara o día anterior , mais agora eran duas VA-CAS as que o daban todo nun prado da Debesa ó caron da estrada.
Só decir que estou encantado de falar dandoo todo para un medio libre como é VA-CA news e que a LNB quere que ista relación de amizade e de colaboración se consolide para xuntos crear un novo escenario mediático. Saudos dende os escombros de confusión.

O coordinador do Varal fala en exclusiva para VA-CA news , xermán viluba dende o seu refuxo entre os toxos nun punto indeterminado dun monte galego refrexiona e resposta ás preguntas do "Subcomediante H"
 Posted by Hello

sexta-feira, maio 20, 2005

A CELERIO VOU

O 29 de maio xógase na pista multiusos de Celeiro de Mariñaos o "II Torneo de Primavera", ise torneo que á Liga nacional altera. Non podes perder o torneo mais hippy da LNB ti podes ser o elexido ou elexida para gañar o torneo das frores. Prepárate porque a partir das 4 da tarde iníciase o prazo de inscripción que custa un euro , coma sempre con dereito a aluguer do material deportivo , as 16:30 iniciase a loita polo título.
Afiando os dentes!!

Ninguén quere perder o Torneo das Frores de Celeiro de Mariñaos, sube ó tren da LNB!! Posted by Hello

quarta-feira, maio 18, 2005

I ASEMBLEA NACIONAL DA LNB

O teleclube de Barreiros (lugo) acolleu a noite do 16 de maio a celebración da I Asemblea Nacional da LNB , a consolidación da Asociación cultural e deportiva O Varal e mais o espallamento da filosofía LNB en Galicia e no mundo centraron as intervencións dos asistentes ó cumio de Barreiros.
É un feito que A.D.C O Varal conquista a pasos axigantados cada vez mais espacio social , o incremento de socios e de entidades colaboradoras fan pensar nun futuro moi prometedor para ista asociación que leva un ano funcionando. A segunda parte do cumio centrouse na análise das saidas que a LNB ten xa marcadas no seu calendario, por unha banda xa está confirmada a disputa o 12 de xunio do "I Super- Torneo do Varal" a celebrar na pista multiusos das Angustias en Meaño ( Pontevedra ) , no varal daremos cumprida información sobre a saída da guagua para que todos piodamos formar parte da que seguro vai ser histórica primeira expedición LNB , pero isto non foi todo, se no garaxe o motor da guagua rumba de emoción por sair hacia terras pontevedresas, no aeroporto do Varal, o avioneto da LNB tamén axita as ás porque nista I Asemblea Nacional tratouse polo miudo a posible viaxe a Verona para o torneo internacional de billarda que se disputa nisa cidade do norte de Italia.
Atentos á xogada!!

Ismael Cabana presidente da A.C.D O Varal dirixiu de xeito maxistral iste primeiro cumio da LNB. Posted by Hello

quinta-feira, maio 12, 2005

O RADAR DA LNB

DESPOIS DO GRAN IMPACTO QUE SUPUXO O XA HISTÓRICO ESPECIAL ASTURIES, O VARAL VOLTA A ABRIR A FIESTRA PARA MIRAR CARA A FÓRA, CONECTAMOS DE NOVO O RADAR E DIRIXÍMONOS CARA ITALIA . VIVAS DONDE VIVAS , CONECTA O CANAL VARAL E DISFRUTA DA VIAXE.

ITALIA, O CATENACIO NA BILLARDA!! Posted by Hello

ESPECIAL ITALIA

Que sabemos de Italia? Italia pais transalpino en eterno conflicto norte sur que só permanece unido cando a súa selección de futbol , rugby ou hockey a patins viste a guerreira azul para defender o honor patrio dunha nación dividida por momentos.
Os tifosi e o catenacio son dous estilos propios de Italia de entender o deporte , os tifosi representan o lado máis visceral son unha raza de afeccionados especial, igual que o esguetti se enrosca no tenedor istes afeccionados convirten as gradas dos estadios nunha festa da paixón e da loucura moitas veces non contida, o catenacio pola contra representa un estilo de xogo pausado e de contención no que a defensa é a arma çlave para armar un contrataque que deixe K.O ó inimigo.
O calcio é o nome que recibe a súa liga de futbol, grandes estrelas coma Maradona foron testigos da dureza coa que se xoga nise pais , nos seus tempos de xogador do Nápoles iste galáctico da vida e dos terreos de xogo deulle incluso a volta ó mapa político Italiano situando a unha escadra do sur entre os grandes do pais e de europa, algo ata ise momento impensable de non ser, claro está pola maxia do palusa. No varal vestimos a maglaria rossa e montamos na nosa bicicleta imposible para unirnos á serpe multicor que forma o Giro que istes días recorre as estradas Italianas , analizamos así polo miudo , coa catalina grande e piñón pequeño o impacto do deporte da billarda en terras trasalpinas.

As rúas de Italia son o marco perfecto para o deporte da billarda, aquí vemos como se desenrola un torneo.  Posted by Hello

UN ALTRO SPORT É POSSIBILE!!

Igual que no noso pais , o deporte da billarda en Italia ten difrentes denominación dependendo do lugar no que se practique, polo norte do pais o noso deporte recibe a denominación de LIPPA , polo sur , a denominación máis extendida é a de MAZZA E PIVEZO. "Correre come una lippa" ou "andare come una lippa" son expresións moi extendidas polo norte de Italia polo que nos dá unha idea do raigame que iste deporte ten na sociedade dista parte do páis trasalpino.
Verona no norte e Nápoles no sur, son os dous grandes centros neurálxicos do deporte da billarda niste pais que ó igual que con outros deportes vive de xeito moi extremo a súa paixón pola billarda , ambas cidades teñen cadanseus torneos que cada edición van collendo máis importancia non só a nivel Italiano senón que tamén a nivel internacional, maio é o mes do gran torneo de Nápoles e setembro é o mes no que se vai celebrar a terceira edición do "Festival Internazionale dei Giochi Antichi di Strada" na cidade de Verona , Torneo internacional que no que a LNB vai mandar unha delegación para competir con scadras de Italia e de Slovenia, polo tanto, imos analizar o xeito de xogo no que vai competir niste campionato internacional de Verona

Espectacular imaxe dun xogador tentando capturar "il pivezo" polo ar. Posted by Hello

IL GIOCO DELLA LIPPA

A primeira diferencia coa que nos atopamos ó hora e xogarmos á lippa é a diferencia de medidas dos elemento de xogo, a mazza (palán) 45 cm e il pivezo (billarda) de 12 cm., outro elemento diferenciador con respecto ó noso regulamento é a existencia dunha area de bateo para a saída a chamada ”area de battuta” círculo que ten 5 pasos de diámetro.
Cada equipa ou squadra fórmana catro xogadores . Cada partida consiste en que "il battitore" ou palanador dende a area de bateo con tres intentos tente lanzar a billarda o máis lonxe posible sen que os catro xogadores defensivos da equipa contraria ataviados cunhas preteccións especiais para os ollos e a cara non poidan coller a "mazza" ou billarda polo ar. Ista é a esencia do "gioco della lippa" no que a LNB vai profundizar moito máis para poder representar de xeito digno ó noso país nisa competición internacional de Verona, agardamos o apoio incondicional dos siadeiros galegos xa que de todos é coñecido o inferno ó que os tifose italianos someten ás equipas contrarias, se queres formar parte da expedición a terras trasalpinas , ponte en contacto con nos: ovaral@hotmail.com . AVANTI POPOLO!!

Intres de intensa emoción no que "il battitore" tenta concentrase para que o seu lanzamento non sexa capturado polo equipo contrario en posición defensiva. Posted by Hello

terça-feira, maio 10, 2005

LNB BOUTIQUE

O 40 de maio a vella saca o saio, hoxe 40 de maio , a LNB abre as portas da súa boutique imposible. Estrea moda LNB para o verán de 2005. Tira os vellos trapos que se acumulan no teu armario e viste as roupas de deseño exclusivo LNB.
Prendas para espíritos inquedos!!
ABERTO: ovaral@hotmail.com

TALLAS L / XL / PRECIO: 6 EUROS Posted by Hello

segunda-feira, maio 09, 2005

SOBRE O XEO DA LNB

Austria acolle ata o 15 de maio o 69 campionato mundial de hockei sobre xeo considerado o mellor xamais xogado xa que conta coa participación dos máis destacados xogadores da liga profesional americana a NHL. Dende o varal seguimos con moito interese as evolucións dos patinadores sobre o xeo ardente das pistas austriacas e amosamos o noso apoio a aquelas equipas que representan a pequenos paises fronte o poder das grandes potencias coma Canada. EE.UU ou Alemania. Slovenia vai xogarse a permanencia entre os grandes frente a seleccións tan potentes coma Bielorrusia ou Kazajistan, Slovaquia pola súa parte vai tentar seguir no grupo dos sete grandes e agardamos que o día 15 poida ser unha das finalistas para optar ó título final.
Marta dos caimaneros de ribadeo foi a primeira na LNB en descubrirnos a súa paixón pola patinaxe , agora é Xermán dos fungueiros de Lourenzá que sae á pista cos seus patíns de liña para deslizarse coa súa equipa de patinaxe de velocidade "Os Coscos do Castro".Paises pequenos,grandes coraxes!!

Xermán Viluba ultima a súa preaparación para loitar en Celeiro polo Super -Palán de Primavera.
 Posted by Hello

sexta-feira, maio 06, 2005

DISPARO DE SAIDA!!

Iniciamos xa a conta atrás cara ó "II Super-Palán de Primavera" a celebrar en Celeiro de Mariñaos, faltan 23 días para o gran acontecemnto e a tensión xa se pode palpar no ambiente tensionado ante a última victoria aplastante da franquia vermella dos Petapouco de Barreiros, serán capaces istes galácticos e galácticas da billarda de continuar coa súa hexemonía ou será simplemente unha ilusión como xa lles pasou en anteriores campionatos da LNB? A resposta e o 29 de maio no cemento pulido da pista de Celeiro de Mariñaos. Vai pillando sitio!! / ovaral@hotmail.com

Servando , un veterano con carácter, inicia carreira de xeito espectacular.
 Posted by Hello

quinta-feira, maio 05, 2005

TEMPO DE XOGO

Xosé Manuel García é un dos mellores palanadores da liga, defendendo as cores da franquicia do Pedrón xa chegou a varias semifinais nos torneos LNB, mais a súa paixón polo mundo do xogo tradicional levouno xunto con Xosé López , escritor de Lourenzá, a editar o libro “os xoguetes esquencidos” no que el realizaba os debuxos dos xoguetes comentados, activista do tradicional impulsou xunto co seu colaborador lourentino a exposición itinerente de xoguetes tradicionais que el mesmo realizara . A semana pasada puidémolo ver no auditorio das Neves (Pontevedra ) xunto co seu colaborador e ise estudioso do xogo tradicional chamado Paco Veiga autor do libro “xogo popular galego” presentando o documental “tempo de xogar” no que en formato audiovisual se amosa gran parte da súa obra.
O Manolo palanador, debuxente e escultor vai estar o sábado 21 no I Encontro Escolar Galego de Xogos Tradicionais que se vai celebrar en Compostela , enconto auspiciado por Brinquedia que o xoves 19 vai facer tamén na capital galega a súa prensentación pública. Brincando de emoción!!

Manolo durante a presentación nas Neves da película "tempo de xogar" acompañado á esquerda por Xosé Lopez e á dereita por Paco Veiga.
 Posted by Hello

quarta-feira, maio 04, 2005

NOVAS DA LNB

29 de maio é a data sinalada para o novo campionato LNB e Celeiro de Mariñaos en Barreiros é o lugar elexido para a disputa do “II Super-Palán de Primavera” . A LNB quer que iste Torneo se convirta nunha gran festa xa que vai marcar o punto e seguido a unha traxectoria iniciada fai máis dun ano no que os concellos de Lourenzá e Barreiros foron sedes únicas dos campionatos , Ribadeo e Trabada en Lugo e Meaño en Pontevedra son as candidatas máis firmes a seren elas as sedes dos próximos Torneos da LNB. Pon a túa leira, parroquia , vila ou cidade nista lista de posibles sedes . / ovaral@hotmail.com / ESPALLANDO A IDEA!!

A LNB prepárase para iniciar unha nova etapa!! Posted by Hello

terça-feira, maio 03, 2005

DESCARGAS DA LNB

Sinxelamente impresionante!!, son xa máis de 40 persoas de todo o mundo as que descargaron directamente dende a páxina de www.elfarero.com o que podemos considerar coma o documento histórico do deporte galego da século 21. Billarda-LNB , outro deporte é posible!! é un achegamento á realidade dos deportistas tradicionais galegos, suores que ata o de agora estaban nun segundo plano piden estar entre os grandes , Ismael Cabanas “O Zidane da Billarda” e Xermán Viluba falan sobre o futuro e presente do deporte da billarda.

Descarga toneladas de paixón!! O documental da LNB podes baixalo directamente dende a páxina www.elfarero.com , tamén podes ir á corte e xunguir o macho da rede (emule) ou tamén podes pedirnos a nos o DVD no noso correo : ovaral@hotmail.com  Posted by Hello

segunda-feira, maio 02, 2005

O DOCUMENTAL DA LNB

Despois de amosarnos as aventuras disa criatura que habita nas profundidades do río de Vilaselán , despois de filmar a destreza dos surfers entre a escuma das praias da mariña luguesa, despois de meter as cámara entre o fume e os vatios nos concertos dises dous grandes grupos galegos chamados "sempre se fixo" e "operación punk", despois de amosarnos o lado máis escuro da noite ribadense nisa pequena gran obra mestra chamada Acidman, o colectivo audiovisual elfarero tiña que petar fora como fora con ises deportistas das marxes que forman a LNB, estaba escrito que el farero e a LNB se atoparían nun tempo nun lugar, e foi en San Pedro de Benquerencia un domindo 24 de abril durante a disputa do "II Torneo do Palán de Ouro" cando isa soldadura se fixo posible, dise estaño e masa naceu o documetal Billarda-LNB, outro deporte é posible!! Unha fiestra aberta pola que o mundo pode ollar e coñecer ise deporte e isa filosofía que emana da LNB. Podes baixalo dende xa na páxina www.elfarero.com ,a LNB tamén vai distribuir o DVD, só tes que porte en contacto con nós en ovaral@hotmail.com e disfrutar sentado no teu sofá do gran espectáculo do deporte billarda-LNB. Outros documentais tamén son posibles!!

Manolo do colectivo audiovisual el farero de Ribadeo dirixiu e misturou de xeito maxistral iste impresionante documental sobre a LNB e o deporte da billarda no século 21 , pídeo xa!! O varal distribúe o DVD , coñece de primeira man o deporte da nova billarda .
 Posted by Hello