O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

Thursday, April 21, 2005

FUME NEGRO NA CHEMINEA DA LNB

Polas 18:30 da tarde do domingo 24 imos ter xa o nome do elexido pola gloria para saír da pista do Canteiro de San Pedro de Benquerencia coma "portador ou portadora do palán de ouro". A final diste torneo vai disputarse despois dun pequeno partido entre os máis cativos da Liga , inauguramos así a tanda de torneos infantis da LNB.Iste descanso entre a semifinal e a final vai permitir ós dous palanadores que se enfronten na carreira definitiva analizar as tácticas de xogo, consultar cos seus adestradores e cos compañeiros de franquicia para sacaren o máximo rendemento de cada golpexo do palán contra a billarda, de seguro que será unha espera tensa na que os segundos se farán eternos e o a presión polo triunfo vai facer caer pequenos gotexos de suor pola faciana dos elexidos , o illamento e a concentración do palanador nistres intres tan decisivos é fundamental para o desenrolo final do seu xogo, pode que outra oportunidadede de atoparse nunha final da LNB tarde anos en repetirse , ou igual nunca máis acontece.
Xa nunca máis se é o mesmo despois de ser "portador do palán de ouro", quen sexa o elexido ou elexida que saiba que durante un ano vai ser embaixador no mundo da "Billarda LNB".

Vive de perto a elección do portador do palán de ouro, achégate a San Pedro de Benquerencia e vive con nós a ledicia da fumata branca.
 Posted by Hello

O SABOR SALGADO DOS TROFEOS

Vicente , o palanador da ponte da pedra (Lourenzá) é o posuidor e comedor do último trofeo disputado na LNB o xa famoso "Lacón da LNB" , en declaracións a micro pechado ó varal afirma que se sinte con forzas de repetir victoria na pista do Canteiro en San Pedro de Benquerencia. Olladas de todo o mundo estarán pendentes das evolucións diste fenomenal xogador e dos outros palanadores e palanadoras que tamén tenten loitar con uñas e dentes polo palán de ouro. Ti podes ser o elexido, achégate e disfruta dunha nova edición dos torneos da LNB!!

Ista vez Vicente se gaña o trofeo da LNB non o vai poder cociñar e saborear no prato á hora do xantar senón que vai ter que conformarse con ollar e tocar a fermosa escultura do "Palán de Ouro", de tódolos xeitos, todos os palanadores e palanadoras na LNB andan con fame negra polo que a loita pola preciada peza na pista do Canteiro pode ser feroz, imperdible!! , domingo 24 a partir das 16 horas.
 Posted by Hello