O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

Thursday, March 31, 2005

A GUAGUA DA LNB

Queres que a LNB vaia onda ti e organice un Torneo de Billarda?
A Guagua da LNB chegada directamente dende La Habana (Cuba) , lévanos a calquera sitio , ti soio ponte en contacto con nós e dinos a donde temos que ir, busca unha pista de xogo e a LNB en pleno con todas as súas estrelas e infraestructura organizativa vai onda ti para disfrutar da gran festa do deporte da billarda.
Contacto: ovaral@hotmail.com / 619.570976

A guagua da LNB xa está cos motores rumbando!! Posted by Hello

NOVAS DA LNB

Mentras os nenos e nenas da Escola de Billarda disputaban o seu torneo en Barreiros , en Riotorto a só uns poucos kilómetros de distancia tiña lugar na Casa da Cultura a asemblea constituínte de Brinquedia (Rede Galega do Xogo Tradiciona) . Malia non poder asistir físicamente ó acto polas nosas obrigas na escola , os membros da LNB compartimos e apoiamos planamente os postulados dista asociación para a defensa e consecución dun espacio real para a práctica e difusión das difrentes disciplinas do deporte tradicional.

Riotorto acolleu a asemblea constituinte da federación galega de xogos tradicionais. Posted by Hello