Tuesday, March 29, 2005
Vicente , o Beckham da ponte da pedra foi o gañador do último torneo da LNB mais xa ten competidores para un futuro moi próximo formados nisa factoria de soños chamada Escola de Billarda.
CRÓNICO: ESCOLA DE BILLARDA
O deporte da billarda viviu tres días de intensa emoción , nen os máis optimistas podiamos pensar fai só dous anos que unha manada de nenos e nenas famentos de billarda saltarían da cama istes tres días santos a primeira hora da mañá coa única ambición de acudir á escola de billarda, isa escola donde os mestres son un alumno máis tratando de apreixar a sabedoría dos máis cativos e donde ademáis de aprender a xogar a iste deporte tradicional se aprende a relacionarse e respeitar ós demais.
Nenos e nenas de diferentes latitudes da penísuma ibérica se deron cita os tres días que duraron as clases na I Escola de Billarda celebrada na pista de cemento pulido de Barreiros.

XOVES 24 / 3 / 05
A tensión era papábel na faciana dos mestres sabedores que gran parte do futuro do deporte da billarda estaba depositado nas súas mans.
E non defraudaron, un día explendido recibiu ós primeiros alumnos e alumnas que se achegaron á escola , nun primeiro intre os monitores eran os que manipulaban os materiais deportivos para que os rapaces por medio da visualización directa pudieran ir adquirindo as primeiras nocións do xogo.
A operación saida era unha realidade palpábel , a carabana multicor de coches ateigados de xente pasaba pola estrada con mirada atónita cara o espectáculo da Escola de Billarda, a porta do supermercado de enfrente da pista de xogo escupía homes e mulleres carrexando bolsas de plástico repletas de productos que de xeito matemático ollaban para isa fotografía en movimento que representaban os alumnos da Escola de Billarda iniciándose no manexo dos paláns e das billardas.
A última parte da primeira clase foi adicada ás explicacións teóricas sobre as orixes e a metodoloxía técnica do deporte da billarda, Xermán , o tricampión da LNB demostrou mediante o emprego do pau de golf que iste deporte é fillo ó igual que o críquet ou o béisbol da nosa billarda, na súa exposición amosou as semellanzas no xeito de agarrar un pau de golf e un palán de billarda, o xogador dos Celitas do Castro utizou tamén unha raqueta de tenis para demostrar que a mecánica de golpexo da billarda no ar é moi similar á do passing shot do tenis.
Finalizado o primeiro día de clase , moitos nenos e nenas negábanse a abandoar o material deportivo e seguiron practicando xunto con algúns maiores tamén interesados niste espectacular deporte sempre baixo a atenta mirada dos monitores acreditados pola LNB.

VENRES 25 / 3 / 05
As 11:30 era a hora marcada para o inicio das clases pola organización da Escola de Billarda , pero xa moito antes a pista de cemento de Barreiros era pasto dos nenos pedindo a berros que as portas invisibles da escola se abriran para poder iniciar as clases.
Os alumnos do primeiro día repetiron entusiasmados e xa amosaban unha moi boa técnica no seu primeiro contacto co material de xogo, os nenos das Escolas Deportivas da Mariña Oriental uníanse á gran festa da billarda e como era o primeiro día recibiron unha pequena noción teórica antes de coller os paláns e as billarda.
Os mestres da escola dividiron a pista en dúas partes , mais a mala sorte fixo acto de presencia e Diego, un dos mellores palanadores da escola foi mancado na cabeza por un golpe fortuito dunha alumna , inmediatamente os servicios sanitarios da escola se puxeron en marcha e o neno foi atendido no centro de urxencias de Ribadeo, por sorte, non temos que lamentar ningún dano máis aló do susto pola hinchazón.
Iste segundo día estivo marcado pola lesión de Diego, de tódolos xeitos , os nenos e nenas pudieron seguir practicando o seu xogo cos monitores para o gran torneo que a escola tiña preparado para o domingo. A billarda iniciou o camiño cara a consolidación coma deporte normalizado , isa é a filosofía que a escola tenta expandir, tanto os alumnos os non alumnos pudieron ver e sentir que outro deporte é posible!!

DOMINGO 27 / 3 / 05
Non se notaba en absoluto a tensión que un alumno normal sinte antes de entrar nun examen, nista escola de billarda iso non existe, o torneo non supuña unha proba final para ver de avaliar o nivel de cada palanador ou palanadora, iste torneo escola de billarda é simplemente unha cuestión iniciática, que os cativos sintan o son da madeira contra a madeira tentando meter a billarda entre os dous paus do Varal, sentir o alento do competidor cando se inicia unha carreira , ver a dinámica do xogo e desenrolar a técnica que se foi aprendendo durante os días de clase, istes son os fins principais que se perseguen coa celebración diste pequeño torneo entre nenos e nenas da escola.
Alumnos galegos , bascos e madrileños competiron entre si de xeito exemplar , ningún deles tentou pasar por riba do outro utilizando prácticas ilícitas nen trampas de ningunha clase, todos , alumnos e mestres tentamos aportar o mellor de nós para que o outro aprendese o que nós sabemos , isto tan básico é o que fai da escola de billarda un lugar único , un lugar de encontro donde todos saimos gañando. Unidos pola billarda, porque outra escola unitaria é posible .
Escola de Billarda , a escola unitaria do século 21.