O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

Thursday, March 10, 2005

O TRANSISTOR DA LNB

Os crónicos da LNB xa teñen voz nas ondas. O mèrcores día 9 de marzo na COPE Ribadeo puidemos escoitar un resumo do crónico do "II Torneo do Lacón" celebrado na Tilleira . O mundo soubo que a emoción de gañar un lacón na LNB só é comparable á de acadar a ensaladeira de ouro na herba de Winblendon. Agardamos próximo o intre no que os micrófonos se acheguen ás pistas de xogo para retrasmitiren os partidos en directo. Saude e billarda.

Iste afgano escoitou o crónico na súa tenda de campaña.
 Posted by Hello

PEGADAS DA LNB

Un palanador local demostrou que a billarda do século 21 necesita das achegas dos máis veteranos , Emilio da Tilleira demostrou precisión e técnica depurada en cada golpexo, nen os 30 anos sen un palán entre as mans pudieron borrar os xeitos de mestre deste xogador experto de billarda. As miradas atentas dos máis xoves nos inicios de carreira e en cada golpe na pista de terra batida fixeron de Emilio o palanador máis admirado e aplaudido do II Torneo do Lacón. Esperamos compatir con Emilio moitos torneos máis, animamos con isto a xogadores de billarda que practicaron de nenos a que se acheguen ós campionatos da LNB para compartir paixón e emoción cos novos palanadores e palanadoras, todos somos necesarios, a festa continua nos terreos de xogo!!

Emilio da Tilleira despois de gañar unha carreira nas roldas clasificatoris polo título no "II Torneo do Lacón".
 Posted by Hello