Tuesday, January 18, 2005

Instantanea da final de infarto xogada en Cabarcos na disputa do palán de inverno, Vicente e Xermán ambos de lourenzá necesitaron de tres carreiras para dilucidar para onde ía o Galo da LNB, ó final Xermán foi quen desplumou o animal . Finais coma a de Cabarcos é das que fan afección, tensión ata o final e un público entregado á causa no que cada golpe dos palanadores era seguido a pé de pista polo numeroso público que se deu cita no multiusos de Cabarcos.

por primeira vez na historia da LNB , un torneo tiña como premio un trofeo vivo, aquí está o Galo de Mos xunto con Fernando do franquicia de Recemil , amosando as súas cores ós palanadores e palanadoras que disputaban a victoria no cemento pulido de Cabarcos. Igual ca noutros deportes , na billarda tamén tentamos facer accións solidarias , niste caso tentamos de apoiar a recuperación da galiña de mos , raza autóctona galega que ó igual que o porco celta está en perigo de extinción.





